- Inicio
- Cidadanía
- Persoas discapacitadas
- Accesibilidade web
Os sitios web das administracións públicas teñen o deber de cumprir os criterios de accesibilidade indicados na norma UNE 139803:2004 . Esta normativa fixa unha serie de características que todo portal Web debe cumprir se quere ser accesible, servindo ademais como base para a Certificación de Accesibilidade TIC ( Accesibilidade Web ) actualmente vixente en España.
Así mesmo, os sitios web da administración deben satisfacer todos os puntos de verificación de prioridade 2 (adecuación de nivel Dobre A) definidos na especificación de Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web ( WCAG 1.0 ) pola Iniciativa de Accesibilidade Web ( WAI ) do Consorcio World Wide Web ( W3C ).
O Concello de Vigo ten como obxectivo principal que o seu sitio web sexa todo o accesible e usable posible. Deste xeito, realizouse adaptándose aos estándares e normativas vixentes en relación á accesibilidade. En calquera caso, é posible que encontre algunha páxina que non se adapte ao 100% a estes estándares, xa que algunhas das seccións contidas no portal están en proceso de adaptación e mellora. Se vostede experimenta algunha dificultade no acceso á información contida neste sitio web, por favor, contacte connosco mediante o seguinte formulario de contacto . Realizaremos as melloras necesarias á maior brevidade posible.
Hai que ter en conta que para realizar operacións con sinatura electrónica o navegador debe utilizar javascript e os compoñentes clientes de sinatura electrónica necesarios.
Teclas de acceso rápido
Premendo unha combinación de teclas determinada poderá acceder rapidamente a determinadas páxinas ou contidos da páxina.
- e Escoitar os contidos
- 0 Accesibilidade
- 1 Páxina de inicio
- 2 Contacto - Suxestións
- 3 Mapa Web
Dependendo do navegador que utilice, o procedemento é distinto. Deseguido explicamos o funcionamento para os navegadores máis habituais.
- Internet Explorer 5 e superiores (Windows): Manteña premida a tecla Alt, prema o número ou letra da tecla de acceso, solte ambas as teclas, e prema ENTER.
- Firefox 2 (Windows): Manteña premida a tecla Maiúsculas e Alt ao mesmo tempo e prema o número ou letra da tecla de acceso.
- Firefox, Mozilla e Netscape 7+ (Mac OS X): Manteña premida a tecla Ctrl e prema o número ou letra da tecla de acceso
- Safari e Omniweb (Mac OS X): Manteña premida a tecla Control e prema o número ou letra da tecla de acceso.
- Konqueror (Linux): Manteña premida a tecla Control e prema o número ou letra da tecla de acceso.
Tamaño do texto
Se desexa cambiar o tamaño do texto deste sitio web, pode facelo a través de no propio navegador, no menú “Ver”, opción “Tamaño do texto”, pode aumentar ou reducir o tamaño das letras.
Data da última revisión
A accesibilidade das páxinas de este sitio web revísanse previamente a súa publicación.
Data da última revisión: 10/09/2010
