Oficina virtual: Convocatorias e subvencións
Convocatorias e subvencións
- 16/06/2010: Bases e convocatoria de 12 bolsas de formación para a realización de prácticas en oficinas de Información e Servizos Turísticos do Concello de Vigo
- 27/05/2010:
Bases e convocatoria específica para a concesión de subvencións á rehabilitación de fachadas e cubertas de edificios e locais comerciais na fachada da Ribeira do Berbés.
- 26/05/2010: Bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión de subvencións á rehabilitación de fachadas e cubertas de edificios e locais comerciais na área de rehabilitación PEPRI do barrio de Bouzas.
- 24/05/2010: Convocatoria e para as subvencións fomento do Asociacionismo e Participación Cidadá para o Ano 2010
- 24/05/2010: Convocatoria e Bases Reguladoras paaa a concesión de subvencións da Concellería de Igualdade a Entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción de muller no ano 2010
- 21/05/2010: Convocatoria e as Bases de Selección para cubrir Persoal laboral interino con cargo a vacantes en cadro de persoal da Escola Municipal de Artes e Oficios
- 23/04/2010: Subvencións para o fomento de actividades socioculturais 2010
- 22/04/2010: Bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión de subvencións para o fomento de actividades xuvenís. Concellaría de Xuventude. 2010.
- 21/04/2010: Convocatoria para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo en relación á actividade deportiva da tempada 2009/2010.
- 21/04/2010: Convocatoria para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo pola organización de eventos no ano 2010
- 13/04/2010: Convocatoria Subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para o mantemento e para a realización de actividades da área dos servizos sociais no ano 2010
- 12/03/2010: Convocatoria para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais curso 2010-2011
Bases e convocatoria de 12 bolsas de formación para a realización de prácticas en oficinas de Información e Servizos Turísticos do Concello de Vigo
Data de publicación: 16/06/2010Data de fin de prazo: 28/06/2010
publicadas no BOP nº 113 de 16 de xuño de 2010.
O prazo de presentación de solicitudes, é de dez días hábiles, comeza o día 17 de xuño e remata o día 28 de xuño de 2010 (incluido).
Documentación:
Bases e convocatoria específica para a concesión de subvencións á rehabilitación de fachadas e cubertas de edificios e locais comerciais na fachada da Ribeira do Berbés.
Data de publicación: 27/05/2010Data de fin de prazo: 28/06/2010
SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN.
1.-As solicitudes das axudas presentaranse por duplicado, para o seu posterior rexistro no Concello de Vigo, na Oficina de Rehabilitación do Concello de Vigo, sita na Praza da Princesa nº 7 - 1º dta.
A Oficina de Rehabilitación facilitará a información e asesoramento necesario para acceder a estas axudas, de xeito presencial, a través do Tfno. 986442560, do Fax 986442561 ou do e-mail: urb.rehabilitacion@vigo.org.
Documentación:
Bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión de subvencións á rehabilitación de fachadas e cubertas de edificios e locais comerciais na área de rehabilitación PEPRI do barrio de Bouzas.
Data de publicación: 26/05/2010Data de fin de prazo: 25/06/2010
1. Modelo de solicitude: As solicitudes de subvención presentaranse no modelo que se achega con estas bases.
2.- Presentación das solicitudes: As solicitudes das axudas presentaranse por duplicado, para o seu posterior rexistro no Concello de Vigo, na Oficina de Rehabilitación do Concello de Vigo, sita na Praza da Princesa nº 7 - 1º dta.
A Oficina de Rehabilitación facilitará a información e asesoramento necesario para acceder a estas axudas, de xeito presencial, a través do Tfno. 986442560, do Fax 986442561 ou do e-mail: urb.rehabilitacion@vigo.org.
3. Prazo de presentación.
O prazo para presentar as solicitudes a esta convocatoria será de 30 días naturais dende o día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Documentación:
Convocatoria e para as subvencións fomento do Asociacionismo e Participación Cidadá para o Ano 2010
Data de publicación: 24/05/2010Data de fin de prazo: 16/06/2010
1. Modelo e presentación de solicitudes
As solicitudes de subvención presentaranse no modelo normalizado que se achega con estas bases. Os
impresos de solicitude da subvención (anexos) e canta información precise para a súa presentación,
serán facilitados polo Servizo de Información ou ben, na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org)
2. Prazo de presentación.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles dende o día seguinte a súa publicación no
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, podendo presentalas no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou
mediante as demais formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime
Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
-Anexo I .Datos Xerais
-Anexo II
-Anexo III.Balance
-Anexo IV Programa I
-Anexo V. Programa II
-Anexo VI. Programa III
-Anexo VII.Programa IV
-Anexo VIII Declaracións
-Anexo IX. Modelos Cartelería
Documentación:
Convocatoria e Bases Reguladoras paaa a concesión de subvencións da Concellería de Igualdade a Entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción de muller no ano 2010
Data de publicación: 24/05/2010Data de fin de prazo: 14/06/2010
1. Modelo e presentación de solicitudes
As solicitudes de subvención presentaranse no modelo normalizado que se achega con estas bases. Os
impresos de solicitude da subvención (anexos) e canta información precise para a súa presentación,
serán facilitados polo Servizo de Información ou ben, na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org)
2. Prazo de presentación.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles dende o día seguinte a súa publicación no
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, podendo presentalas no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou
mediante as demais formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime
Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Documentación:
Convocatoria e as Bases de Selección para cubrir Persoal laboral interino con cargo a vacantes en cadro de persoal da Escola Municipal de Artes e Oficios
Data de publicación: 21/05/2010Data de fin de prazo: 27/05/2010
ORGANISMO AUTÓNOMO ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS.
A Xunta Reitora do Organismo Autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, na súa reunión de 18/05/2010, aprobou a Convocatoria e as Bases de Selección para cubrir os seguintes postos de traballo:
Persoal laboral interino con cargo a vacantes en cadro de persoal
Ø Unha de Técnico Medio de Bibliotecas
Ø Dúas prazas de mestres/as de formación en Encaixe de Palillos (unha) e Artesanía do Coiro (unha)
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
Ø Prazo: 4 días hábiles a partir do seguinte á data de publicación deste anuncio da convocatoria na prensa local e no apartado "Convocatorias" da páxina web municipal www.vigo.org.
Ø Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo
Ø Horario de entrega: de 9:00 a 13:00 horas.
Os/as interesados/as poderán consultar as Bases no taboleiro de anuncios da Escola Municipal de Artes e Oficios, no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello e no apartado "Convocatorias" da páxina web www.vigo.org.
- Puntuacións do terceiro exercicio e Puntuacións finais 01/07/2010
- Puntuacións 2º exercicio de técnico medio de biblioteca e convocatoria para o 3º exercicio 29/06/2010
- Puntuacións 1º exercicio de técnico medio de biblioteca e convocatoria aos candidatos aptos para o 2º exercicio 23/06/2010
- Anúnciase aos candidatos do proceso selectivo para a contratación dun técnico medio de biblioteca que a lectura do exame realizarase o próximo día 22 de xuño as 9.30 horas. 18/06/2010
- Resultado final do proceso de selección de mestre de formación de artesanía en coiro 17/06/2010
- Relación admitidos e excluídos definitivos para praza de técnico medio de biblioteca 15/06/2010
- Resultado final do proceso de selección de mestre de formación de encaixe de palillos 15/06/2010
-Listaxe Admitidos/Excluídos ás probas Mestre Artesanía en coiro
-Listaxe Admitidos/Excluídos ás probas Mestre Encaixe de palillos
Documentación:
Subvencións para o fomento de actividades socioculturais 2010
Data de publicación: 23/04/2010Data de fin de prazo: 13/05/2010
Tras a publicación o 23 de abril de 2010 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para o fomento de actividades socioculturais (aprobada pola Xunta de Goberno local o 12 de abril), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para o fomento de actividades socioculturais para o ano 2010.
As persoas interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro xeral do Concello, ben directamente ou por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de solicitudes estabelécese en vinte días naturais a contar desde a publicación da convocatoria no BOP: do 24 de abril ao 13 de maio de 2010, ambos incluídos.
Toda a información relativa á convocatoria, bases, modelos de solicitude e formularios está dispoñíbel tamén nos servizos de Animación Sociocultural e de Información do Concello de Vigo.
Documentación:
Bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión de subvencións para o fomento de actividades xuvenís. Concellaría de Xuventude. 2010.
Data de publicación: 22/04/2010Data de fin de prazo: 22/05/2010
Expediente: 2735/336
OBXECTO:O obxecto das subvencións a que se refiren as presentes bases e convocatoria é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo desenvolvemento e realización de programas e proxectos xuvenís mixtos, de mozos e mozas, por parte das entidades e/ou colectivos xuvenís da cidade, no ano 2010.
BENEFICIARIOS:1.- Poderán solicitar e obter estas axudas :
a) Asociacións e entidades sen ánimo de lucro especificamente xuvenís, inscritas no Rexistro Municipal de asociacións do Concello de Vigo (Depto. de Participación Cidadá).
b) Outras entidades (Asociacións ou fundacións) integradas maioritariamente por mozos/as – mínimo 50% da xunta directiva- que, carecendo de interese lucrativo, desenvolvan programas e actividades dirixidas ao fomento da participación dos mozos/as e con manifesto protagonismo xuvenil na súa elaboración e desenvolvemento global. Deberán estar así mesmo inscritas no Rexistro Municipal do Concello de Vigo (Depto. Participación Cidadá).
c) Grupos de mozos/as non constituídos como asociación que, carecendo de interese lucrativo, teñan capacidade para realizar un proxecto específico de interese xuvenil.
FINANCIAMENTO DA CONVOCATORIA:A cantidade máxima destinada a estas subvencións será a de 24.000 euros (Vintecatro mil euros) que se farán efectivas con cargo á partida orzamentaria para 2010; 4520.489.00.00 "Subvención para o fomento de actividades xuvenís".
TELÉFONO DE INFORMACIÓN: 986.294806/ www.xuventudevigo.org
Documentación:
Convocatoria para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo en relación á actividade deportiva da tempada 2009/2010.
Data de publicación: 21/04/2010Data de fin de prazo: 21/05/2010
A presente convocatoria ten por finalidade promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións entre as entidades deportivas sen fins de lucro da cidade de Vigo, sendo a sua finalidade contribuir a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas da cidade e a súa actividade deportiva na tempada 2009/2010.
Destinatarios: Clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que teñan o seu enderezo social en Vigo e que cumpran os requisitos que establece esta convocatoria.
Financiamento da convocatoria: O financiamento das axudas e subvencións concedidas ó abeiro desta convocatoria, será con cargo á partida orzamentaria para 2010; 4521.489.00.00 "Subvencións a clubs e entidades sen fin de lucro", por un importe total de 578.500,00 euros.
Documentación:
Convocatoria para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo pola organización de eventos no ano 2010
Data de publicación: 21/04/2010Data de fin de prazo: 21/05/2010
A presente convocatoria ten por finalidade contribuir a financiar os gastos ocasionados pola organización de eventos deportivos na cidade de Vigo durante o ano 2010.
Destinatarios: Clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que cumpran os requisitos que establece esta convocatoria.
Financiamento da convocatoria: O financiamento das axudas e subvencións concedidas ó abeiro desta convocatoria, será con cargo á partida orzamentaria para 2010; 4521.489.00.01 "Subvencións a clubs e entidades sen fin de lucro para a organización de eventos deportivos na cidade de Vigo no ano 2010", por un importe total de 200.000,00 euros.
Documentación:
Convocatoria Subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para o mantemento e para a realización de actividades da área dos servizos sociais no ano 2010
Data de publicación: 13/04/2010Data de fin de prazo: 13/05/2010
Despois da publicación o 13 de abril de 2010 no Boletín oficial da provincia nº 68, da convocatoria de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para o mantemento e para a realización de actividades da área dos servizos sociais no ano 2010 (aprobada pola Xunta de Goberno local o 18 de marzo), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de dita convocatoria
As asociacións e entidades interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro xeral do Concello, ben directamente ou ben por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
O prazo de presentación de solicitudes estabelécese en trinta días naturais a contar desde a publicación da convocatoria no BOP: dende o 14 de abril de 2010, ata o 13 de maio de 2010, ambos incluídos.
Toda a información relativa á convocatoria, bases, modelos de solicitude e formularios está dispoñíbel nos servizos de Benestar Social e de Información do Concello de Vigo, así como na páxina web do Concello www.vigo.org.
Documentación:
Convocatoria para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais curso 2010-2011
Data de publicación: 12/03/2010Data de fin de prazo: 15/04/2010
O Servizo de Educación do Concello de Vigo establece o procedemento para a adxudicación de prazas e formalización de matrículas da Rede de Escolas Infantís Municipais de 0-3 anos.
O prazo de entrega de solicitudes de renovación ou de novo ingreso establécese do 15 de marzo ao 15 de abril de 2010.
Lista definitiva de admitidos y de espera: (24/06/2010)
Listas de admitidos: (25/05/2010)
- Escola Infantil Municipal Atalaia (Teis)
- Escola Infantil Municipal Costeira (Saiáns)
- Escola Infantil Municipal Santa Cristina (Lavadores)
- Escola Infantil Municipal Santa Marta (Casco vello)
Escola infantil Rúa Palencia
Listas de espera: (25/05/2010)
