A Casa do Concello é a casa de todos os cidadáns. Nela desenvolven o seu traballo os funcionarios do Concello e os representantes dos cidadáns elixidos nas eleccións municipais.
Cómpetelle ao Concello o goberno e a administración do municipio, así como inspeccionar e impulsar os servicios que satisfagan as necesidades dos vigueses. Ademais, a Casa do Concello dispón de instrumentos de seu para a integración dos cidadáns nos asuntos de Vigo.
Na Casa do Concello conviven órganos consultivos con outros de carácter executivo, como os que afectan a seguridade dos cidadáns, a ordenación do tráfico de vehículos, a xestión urbanística ou a protección do medio ambiente.
Institucional (08/09/2010)
11:30
concelleira de Benestar Social, María Méndez, da conta da concesión de becas de libros e comedor do curso 2010/2011.
Sala de prensa.
12:00
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, presentan dous novos camións do servizo municipal de Bombeiros
O alcalde atenderá aos medios durante a visita
Xefatura da Policía Local
Xefatura da Policía Local
12:00
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentan a Feira de Artesanía Tradicional que se vai celebrar mensualmente no Paseo de Alfonso.
Sala de prensa.
12:30
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibe á deportista Susana Rodríguez.
Concellería de Deportes.
13:00
O concelleiro de Cultura, Xesus López, asiste á inauguración da exposición "A dimensión europea da Galicia esperitual. Textos e documentos sobre o Camiño de Santiago na Fundación Penzol".
Casa Galega da Cultura.
