Volver á paxina principal

Concello: Casa do Concello

A Casa do Concello é a casa de todos os cidadáns. Nela desenvolven o seu traballo os funcionarios do Concello e os representantes dos cidadáns elixidos nas eleccións municipais.

Cómpetelle ao Concello o goberno e a administración do municipio, así como inspeccionar e impulsar os servicios que satisfagan as necesidades dos vigueses. Ademais, a Casa do Concello dispón de instrumentos de seu para a integración dos cidadáns nos asuntos de Vigo.

Na Casa do Concello conviven órganos consultivos con outros de carácter executivo, como os que afectan a seguridade dos cidadáns, a ordenación do tráfico de vehículos, a xestión urbanística ou a protección do medio ambiente.

Institucional (09/02/2010)

11:00
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentan a exposición "Xoias da Colección Álvarez: Esplendor cerámico de Vigo"

Sala de prensa do Concello
11:00
O concelleiro de Promoción económica e emprego, Santos Héctor, asiste a concentración do persoal sanitario

Hospital Xeral
12:00
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asina os primeiros convenios de incorporación ao Vigo Convention Bureau con Ahosvi e Agarimo

Sala de prensa do Concello
12:30
O alcalde comparece en rolda de prensa

Alcaldía
17:00
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presenta o libro fotográfico da historia da ETEA

Centro Cívico de Teis
17:30
Abel Caballero asiste ao acto de inauguración das novas instalacións de Método

Aragón, 82
20:00
O alcalde asiste a Concentración "Pola defensa de Vigo"

Cruce de Vía Norte con Urzáiz