- Inicio
- Servizos cidade
- Xerencia Municipal de Urbanismo
A Xerencia de Urbanismo creouse no 1996 como organismo autónomo administrativo con personalidade xurídica pública e patrimonio propios, sometida á tutela, fiscalización e control do Concello de Vigo.
As súas competencias son, entre outras, a elaboración de plans en proxectos de ordenación urbana, a programación da actuación urbanística, as expropiacións, a información e aprobación, cando cumpra, dos expedientes tramitados por iniciativa de particulares, a execución de programas, as funcións de política urbanística, o rexistro de transferencias de beneficios urbanísticos e a xestión de patrimonio municipal do chan.
Estatutos. Estatutos da Xerencia Municipal de Urbanismo. BOP n.º193, de 6 de outubro de 2010. (Formato pdf, 9 páxinas, 70 KB, versión en galego).
Servizos urbanísticos en estas páxinas
- Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM): páxinas dedicadas ao planeamento xeral e as súas modificacións.
- Contidos PXOM: páxina de navegación rápida polos contidos do PXOM.
- Planeamento e Xestión: páxinas de Planeamiento e Xestión coa seguinte información:
- Planeamento de Desenvolvemento: cadro xeral de ámbitos do PGOM con trámites, planeamentos de desenvolvemento con aprobación definitiva ou en tramitación (PERI IV-1 San Roque A, PEPRI do Casco Vello, PEPRI de Bouzas, etc.), avaliación ambiental estratéxica de plans e programas.
- Execución do planeamento: proyectos de urbanización, información sobre evaluación de impacto ambiental, etc.
- Preguntas Frecuentes: consultas urbanísticas máis usuais.
- Enlaces de interese: páxinas externas con información do planeamento urbanístico de Vigo.
- Licenzas de Obras e Actividades: acceso á páxina das oficinas de licenzas de obras e licenzas de actividades.
- Preguntas frecuentes: cuestións urbanísticas máis demandadas relacionadas coas licenzas de obras e licenzas de actividades.
- Inspección Técnica de Edificacións (ITE): acceso á páxina do servizo de Inspección Técnica de Edificacións.
- Oficina de Rehabilitación: acceso á páxina da Oficina Municipal Xestora da Rehabilitación da Vivenda.
- Punto de Información Vivenda: páxinas con información sobre vivenda de protección e promoción pública, mercado de aluguer, axudas á rehabilitación e vivendas municipais en réxime de aluguer en NAVIA.
- Cartografía e Deliñación: páxinas do servizo que inclúen a cartografía oficial Vigo e as estradas do termo municipal.
Outra Información da Xerencia
- Normas e ordenanzas. Sección que recolle as disposicións e normas que afectan á planificación urbanística da cidade.
- Actas do Consello da Xerencia. Actas das sesións do Consello da Xerencia.
- Taboleiro de anuncios. Apartado no que se mostran os expedientes en exposición ao público.

