Montes, parques e xardíns
A Lei 3/2007 de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia ten por obxecto defender os montes ou terreos forestais fronte aos incendios e protexer ás persoas e os bens afectados polos mesmos, e atribúe ás entidades locais, entre outras, a competencia da elaboración e aprobación do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais, e obriga ás persoas responsables a xestionar a biomasa forestal nos terreos incluídos na rede de faixas.
O Concello de Vigo aprobou definitivamente o 2 de abril de 2020 o seu Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais que inclúe a delimitación da rede secundaria de faixas de xestión da biomasa forestal.
Isto supón que, con carácter xeral, nas parcelas incluídas nas faixas non poderá haber árbores das seguintes especies: piñeiro, mimosa, acacia, eucalipto, xesta, fento, silva, toxo... Pode consultar o listado completo de especies.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100