Volver á paxina principal

Actualidade: Convocatorias e subvencións

Convocatorias e subvencións

Convocatoria e as Bases de Selección para cubrir Persoal laboral interino con cargo a vacantes en cadro de persoal da Escola Municipal de Artes e Oficios

Data de publicación: 21/05/2010
Data de fin de prazo: 27/05/2010

ORGANISMO AUTÓNOMO ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS.

A Xunta Reitora do Organismo Autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, na súa reunión de 18/05/2010, aprobou a Convocatoria e as Bases de Selección para cubrir os seguintes postos de traballo:

Persoal laboral interino con cargo a vacantes en cadro de persoal
Ø Unha de Técnico Medio de Bibliotecas
Ø Dúas prazas de mestres/as de formación en Encaixe de Palillos (unha) e Artesanía do Coiro (unha)

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
Ø Prazo: 4 días hábiles a partir do seguinte á data de publicación deste anuncio da convocatoria na prensa local e no apartado "Convocatorias" da páxina web municipal www.vigo.org.
Ø Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo
Ø Horario de entrega: de 9:00 a 13:00 horas.
Os/as interesados/as poderán consultar as Bases no taboleiro de anuncios da Escola Municipal de Artes e Oficios, no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello e no apartado "Convocatorias" da páxina web www.vigo.org.


-Listaxe Admitidos/Excluídos ás probas Mestre Artesanía en coiro
-Listaxe Admitidos/Excluídos ás probas Mestre Encaixe de palillos

Documentación:

Bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión de subvencións para o fomento de actividades xuvenís. Concellaría de Xuventude. 2010.

Data de publicación: 22/04/2010
Data de fin de prazo: 22/05/2010
Expediente: 2735/336

OBXECTO:O obxecto das subvencións a que se refiren as presentes bases e convocatoria é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo desenvolvemento e realización de programas e proxectos xuvenís mixtos, de mozos e mozas, por parte das entidades e/ou colectivos xuvenís da cidade, no ano 2010.

BENEFICIARIOS:1.- Poderán solicitar e obter estas axudas :
a) Asociacións e entidades sen ánimo de lucro especificamente xuvenís, inscritas no Rexistro Municipal de asociacións do Concello de Vigo (Depto. de Participación Cidadá).
b) Outras entidades (Asociacións ou fundacións) integradas maioritariamente por mozos/as – mínimo 50% da xunta directiva- que, carecendo de interese lucrativo, desenvolvan programas e actividades dirixidas ao fomento da participación dos mozos/as e con manifesto protagonismo xuvenil na súa elaboración e desenvolvemento global. Deberán estar así mesmo inscritas no Rexistro Municipal do Concello de Vigo (Depto. Participación Cidadá).
c) Grupos de mozos/as non constituídos como asociación que, carecendo de interese lucrativo, teñan capacidade para realizar un proxecto específico de interese xuvenil.

FINANCIAMENTO DA CONVOCATORIA:A cantidade máxima destinada a estas subvencións será a de 24.000 euros (Vintecatro mil euros) que se farán efectivas con cargo á partida orzamentaria para 2010; 4520.489.00.00 "Subvención para o fomento de actividades xuvenís".

TELÉFONO DE INFORMACIÓN: 986.294806/ www.xuventudevigo.org

Documentación: