- Inicio
- Actualidade
- Axenda
Actualidade
Axenda
- Luns 20/05/2013
- Exposición "Fermín Penzol. Unha obra para un país" (09:00)
- Exposición: "O bosquexo do mundo" (11:00)
- A Fundación Barrié ampliou a súa colección de pintura internacional con 21 novas adquisicións de 18 artistas (12:00)
- Calendarios de Actuacións da Federación de Bandas de Música Populares de Vigo: Un Mar de Bandas (12:30)
-
Mostra sobre as nubes con traballos de nenos ingresados no Hospital Xeral de Vigo.
"Paseando polas nubes" (17:30) - Exposición: "Reflexarte".A arte a través do vidro (17:30)
- Exposición: Mostra permanente "Coordenadas na arte galega contemporánea" (18:00)
- Programación de actos VigoCultura Artes escénicas para os meses de Abril e Maio (18:00)
- Exposición "Espiñas coroadas", do artista Lito Portela (Moaña, 1958), (18:00)
- Exposición: Emilio Fernández Rodal (1912-1972). Retrato de Sociedade dun Artista vigués. (19:00)
09:00 Exposición "Fermín Penzol. Unha obra para un país"
- Lugar: Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 1)
- Horario: Luns a venres: 9:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00 horas. Do 15 xuño ao 15 setembro: pechado polas tardes
- Datas: Ata ó 26/05/2013
- Lugar: Marco, Museo de Arte Contemporánea
Rúa do Príncipe 54 - Horario: martes a sábados de 11.00 a 21.00
domingos de 11.00 a 15.00
lunes cerrado - Datas: Ata ó 15/09/2013
- Lugar: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Policarpo Sanz 31 - Horario: De martes a domingo, festivos incluidos: 12 a 14 e 18 a 21h
- Datas: Permanente
- Lugar: Consultar programa Actuacións
- Horario: Consultar programa Actuacións
- Datas: Ata ó 31/12/2013
- Lugar: Centro Social Novacaixagalicia.
Policarpo Sanz, 24-26 - Horario: De luns a sábado de 17.30 a 20.30 h
- Datas: Ata ó 30/05/2013
- Lugar: Sala de exposicións do Centro Cultural Novacaixagalicia
Policarpo Sanz 13 - Horario: de luns a venres de 17.30 a 20.30 h e os sábados de 11 a 14 h e de 17.30 a 20.30 h.
- Datas: Ata ó 29/06/2013
- Lugar: Centro Social NovacaixaGalicia
- Horario: De venres, sábados, domingos e festivos de 17.30 a 20.30 h e visitas guiadas para grupos, previa reserva o resto dos días da semana
- Datas: Permanente
- Lugar: Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei - Horario: Os actos serán as 18 e 21 horas. Consultar programa en pdf
- Prezo: As entradas e abonos para os espectáculos de pagamento poderán adquirirse a través de Servinova (www.servinova.com / 902.504.500), ou ben na Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno, 26), a partir do martes 2 de abril. Haberá para elixir "abonos á carta" para 5 espectáculos (15% de desconto sobre o prezo total) ou 10 (25% de desconto) e que só se poderán adquirir a través do teléfono 902.504.500 ou no despacho de billetes.
- Datas: Ata ó 30/05/2013
- Lugar: Fundación Laxeiro (3º andar da Casa das Artes, r/ Policarpo Sanz, 15)
- Datas: Ata ó 14/07/2013
- Lugar: Escola Municipal de Artes e Oficios/ Espazo EMAO
Rúa Pontevedra esquina Rosalía de Castro - Horario: De luns a venres de 19:00 a 21:00 horas
- Datas: Ata ó 06/06/2013
"recoller libros e documentos, anacos esparexidos da nosa historia esnaquizada, constituiría o material necesario para a reconstrución da nosa memoria"
(Isaac Díaz Pardo)
Fermín Fernández Penzol-Labandera malia ser galego extramurano, identificouse dende moi novo con Galicia, comprometéndose dende entón, e ao longo de toda a vida, coa súa causa e co servizo á súa cultura.
Compromiso que desenvolveu en dous planos distintos de actuación, paralelos e complementarios: o da acción política, coa participación nas diferentes etapas evolutivas do galeguismo, e mais o da acción cultural, posto de manifesto na súa encomiable vocación de bibliófilo.
Froito desta última, e da súa constante preocupación pola recuperación da nosa memoria escrita, é a configuración dunha das máis importantes bibliotecas particulares especializada en temática galega do país. Biblioteca que decide xenerosamente doar para uso público en 1963, creando para tal fin a Fundación que leva o seu nome na cidade de Vigo.
11:00 Exposición: "O bosquexo do mundo"
"O Bosquexo do Mundo" ofrece a posibilidade dunha visita a ese crisol de formas que é o taller do artista, e traerá ao museo un conxunto de útiles e documentos, tamén obras e os seus antecedentes, que, como pezas dun crebacabezas en perpetuo movemento, proporciona sustento e alimenta as creacións: bosquexos e cadernos de apuntamentos, notas ao paso que agardan o seu momento e ocasión, obxectos de todo rango que se acumulan semi-esquecidos polos cantos do estudio. Cartafoles con recortes de prensa, imaxes e libros doutros artistas; un espazo mental no que calquera posible estímulo atopa acomodo, dende unha colección de postais con imaxes artísticas a un bucle de vídeos de youtube, ou a textos propios e alleos.
12:00 A Fundación Barrié ampliou a súa colección de pintura internacional con 21 novas adquisicións de 18 artistas
Trátase de obra dos artistas Jessica Stockholder, Shinique Smith, Joãou Penalva, Manuel Caeiro, Gil Heitor Cortesãou, Gerardo Burmester, Albano Afonso, Manuel Vilariño, José Pedro Croft, Perejaume, Ignasi Aballí, Fachendoso González, Rita Magalhãé, Simeón Saiz Ruiz, Teo Soriano, Tracey Moffatt, Yves Oppenheim e Helmut Dorner.
A Fundación abre así o terceiro ano da súa colección de pintura contemporánea incorporando algúns artistas que traballan sobre a historia da pintura desde outros soportes como a fotografía ou a instalación.
Obra de Yves Oppenheim
-Documento Informativo (pdf)
12:30 Calendarios de Actuacións da Federación de Bandas de Música Populares de Vigo: Un Mar de Bandas
programa completo de VIGO, UN MAR DE BANDAS 2013, fruto do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e maila Federación de Bandas de Música Populares de Vigo.
Programa de actuacións
17:30 Mostra sobre as nubes con traballos de nenos ingresados no Hospital Xeral de Vigo.
"Paseando polas nubes"
«aproveitamos parte do tempo do que dispoñemos no hospital para ver polas nosas ventás e dirixir a nosa mirada ás formas, ás cores, ás texturas das nubes que están por riba de nós"
A mostra «Paseando polas nubes. Os nenos e nenas enfermos miramos ao ceo», unha proposta expositiva resultado dos traballos realizados, durante os meses de febreiro e marzo do presente 2013, polos nenos ingresados na unidade de pediatría do Hospital Xeral de Vigo.
Estas trinta e cinco obras forman parte dun proxecto máis amplo no que os nenos, de entre sete e catorce anos, traballaron coas nubes en diferentes eidos.
Traballaron coas nubes para atopar nelas a liberdade e a esperanza e para contarlles as súas íntimas emocións, a expresión artística foi o mellor medio para iso. O resultado dese traballo é esta exposición que se sustenta na observación directa e no estudo do estilo de diferentes pintores.
17:30 Exposición: "Reflexarte".A arte a través do vidro
A Fundación Novacaixagalicia programou, para esta mostra, unha serie de actividades para escolares, colectivos, nenos e adultos de público xeral. Baixo o título de Espello, espelliño máxico, nenos e escolares de entre 3 e 6 anos achegaranse a esta exposición da man das historias dos contos tradicionais. Alén do espello, para nenos e escolares de entre 7 e 13 anos, articúlase como unha viaxe activa a través da cal, mediante a observación e o razoamento, aproximaranse á orixe do vidro como material e as súas posibilidades plásticas e estéticas. Para os adultos haberá un programa de visitas comentadas para as que poderán inscribirse no 986 129 032.
Todas as nosas actividades en www.obrasocialncg.com e www.escolares.obrasocialncg.com.
O proxecto nace na Coruña co gallo do 75 aniversario da cristalería El Reflejo, fundada en 1935, que impulsa unha actividade que cataliza a mirada plástica de once artistas que desenvolven o seu traballo dentro do ámbito da escultura e cuxo argumento común é o emprego do vidro como medio de actuación.
Ao longo da historia o ser humano plasmou a súa arte sobre multitude de materiais, entre eles, o cristal. Agora, a modo de lenzo, como soporte escultórico ou entendido como instalación, nove artistas galegos e dous portugueses enfrontarán o espectador á forza estética deste material, nunha mostra que revisa non só as posibilidades plásticas do vidro, senón que analiza as diferentes linguaxes ante as que se sitúa a arte actual. O público poderá viaxar a través dun mar de 14 metros de lonxitude, poderá nadar entre medusas de cristal e gozará coa forza estética dun elemento que, inscrito sempre no ámbito de artesanía, reivindica agora, en mans destes artistas, o seu valor artístico. «Reflexarte» sitúanos tamén, xa que logo, ante o eterno debate entre arte e artesanía.
18:00 Exposición: Mostra permanente "Coordenadas na arte galega contemporánea"
4 bloques temáticos: O mar, Verde País, Inquedanzas e Escenarios.
Os visitantes poderán contemplar fondos dos S. XX e XXI; obras clásicas de artistas consagrados e mozos creadores nunha selección heteroxénea e de diversas técnicas, propostas e linguaxes a través de 4 bloques temáticos e 60 pezas de 52 creadores galegos.
Por primeira vez en Galicia, no marco de «Coordenadas», púxose en marcha un sistema de información específico que permitiu e permitirá ao público acceder a diferentes contidos a través dos seus teléfonos móbiles. Mediante este sistema, os visitantes poderán acceder á información a través de varios recursos, segundo a preferencia e a tecnoloxía da que dispoñan, ben a través dunha dirección web, na que deberán introducir un código -sinalado en cada obra-, ben a través dun código QR, ou ben a través da tecnoloxía NFC (Near Field Communication). Deste xeito, cada visitante decide qué sistema quere utilizar para acceder e ampliar os datos sobre as obras. Ademais, cada ficha de contido está conectada coa rede social Facebook para a súa difusión, de xeito que o participante pode compartir calquera información cos seus contactos.
Máis información en www.obrasocialncg.com
18:00 Programación de actos VigoCultura Artes escénicas para os meses de Abril e Maio
A Concellería de Cultura e Festas presenta a programación municipal de artes escénicas, VIGOCULTURA, que se desenvolverá no auditorio municipal (praza do Rei, 1), nos meses de abril e maio. O programa inclúe unha oferta diversa, con espectáculos para público adulto os venres ás 21,00h e para público familiar os domingos ás 18,00h. En total serán vinte espectáculos musicais, teatrais e de danza, dos que 13 pertencen á Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA).
Destacan, entre outros, os espectáculos que se desenvolverán os días 26 (Loira, público adulto) e 28 (Otradanza, público familiar) con motivo da celebración do Día Mundial da Danza (29 de abril); así mesmo, coincidindo coas Letras Galegas, o venres 18 de maio contaremos coa estrea de "Anxeliños", baseada na obra de Roberto Vidal Bolaño, a cargo do Obradoiro da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD).
Tamén contaremos coa habitual colaboración co Conservatorio Superior de Música (CMUS), con dous concertos os días 30 de abril e 2 de maio, dentro da Semana de Música de Cámara, con entrada gratuíta até completar aforamento.
Programa dos actos.pdf
18:00 Exposición "Espiñas coroadas", do artista Lito Portela (Moaña, 1958),
"Espiñas coroadas" é un proxecto escultórico sinxelo na súa formulación expositiva, que, a través de tres pezas rotundas, a medio camiño entre o hiperrealismo e a poesía e utilizando os recursos da tradición minimalista, propón un espazo limpo, de encontro das persoas coa realidade que as rodea e que, frecuentemente, resulta absurda e inintelixible.
Espiñas coroadas significa un fito na traxectoria de Lito Portela. Un fito no que a súa linguaxe escultórica abandona preocupacións construtivas, características na súa obra para espazos públicos, para centrarse nunha linguaxe orgánica, na que manexa con mestría os códigos da representación realista, para transcendelos e propoñer, como di o comisario da exposición, Carlos L. Bernárdez, "unha realidade-outra, paralela ao mundo real, que se carga dunha indubidable aura poética e que acaba por constituírse en signos vitais".
Para levar adiante este proxecto, ademais desta utilización dos códigos da mímese, Lito Portela manexa con acerto, recursos expresivos do minimalismo, como o xogo de escala e o diálogo co espazo arquitectónico, que o autor integra mediante a intervención nos panos expositivos, ademais dunha eficaz austeridade morfolóxica, materializada na monocromía das pezas e na súa instalación na sala, sen máis recurso que a súa propia materialidade, sen peañas, urnas, vitrinas ou calquera outro elemento propio da retórica da exhibición escultórica.
19:00 Exposición: Emilio Fernández Rodal (1912-1972). Retrato de Sociedade dun Artista vigués.
"Busco mi inspiración en las cosas vivientes, porque opino que la mejor paleta
es la Creación, el mejor cuadro el paisaje, la máxima concepción el Ser y el
supremo artista, Dios, trabajando en el inmenso estudio de la Naturaleza."
Esta é a primeira exposición retrospectiva que se lle realiza a Emilio Fernández Rodal en Vigo desde o seu finamento no ano 1972. A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo quere homenaxear así a creación artística dun notable retratista que iniciou a súa vocación nas aulas desta Escola e que non dubidou en devolverlle parte da súa inspiración, impartindo clases de debuxo e pintura ou recuperando, trinta anos despois, o Certame de artistas noveis neste mesmo centro.
Na mostra exhíbense case medio centenar de obras pictóricas do autor e imaxes e documentación que ilustran o contexto social e cultural da súa creación e da súa época.
Textos. Información completa

