- Inicio
- Actualidade
- Axenda
Actualidade
Axenda
- Luns 21/05/2012
10:00 Obra de monicreques "Pingüin".
- Lugar: Centro Cultural Novacaixagalicia
- Horario: Dúas funcións diarias (de luns a venres), ás 10:00 h e ás 12:00 h,
- Datas: Ata ó 29/05/2012
- Lugar: Marco, Museo de Arte Contemporánea
Sala de Exposicións planta baixa
Rúa do Príncipe 54 - Horario: martes a sábados de 11.00 a 21.00
domingos de 11.00 a 15.00
lunes cerrado - Datas: Ata ó 20/09/2012
- Lugar: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Policarpo Sanz 31 - Horario: De martes a domingo, festivos incluidos: 12 a 14 e 18 a 21h
- Datas: Permanente
- Lugar: Sala de exposicións do Centro Cultural Novacaixagalicia
- Horario: De luns a venres: de 18.00 a 21.30 horas.
Sábados, domingos e festivos: de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.30 horas. - Datas: Ata ó 08/07/2012
Público escolar infantil.
Pingüin é unha historia en que, grazas ás divertidas peripecias dun pequeno pingüín, se tratan en clave de humor situacións cotiás da vida entre pais e fillos. Con esta obra abórdase o tema da difícil situación a que se enfronta un neno ou nena cando ten que compartir o cariño e a atención de seus pais coa chegada dun novo membro á familia. Nesta ocasión, o protagonista do conto, Bobo, verá como a súa vida comeza unha etapa no momento en que os seus pais lle comunican que vai ter un irmán. Este feito implicará que as rutinas de todos os membros da familia se modifiquen, o que vai supoñer un importante cambio para Bobo.
11:00 Exposición: Presenza activa.Acción, obxecto e público
ARTISTAS
Maja Bajević, John Bock, Gary Hill, Thom Kubli, Mads Lynnerup, Alastair MacLennan, Sergio Prego, La Ribot, Carlos Rodríguez-Méndez, Sue-C+AGF
A acción e a instalación, como disciplinas artísticas, son espello unha da outra. De feito, ambas as dúas están baseadas no mesmo principio de presenza; de presenza activa. Na performance, a presenza do artista; na instalación, a do espectador. Así, reflectidas unha na outra, instalación e acción toman direccións opostas pero superpostas, creando un eixe entre dous polos —o artista e o espectador— ao longo do cal existen infinitas posibilidades de interacción. Nun extremo, o espectador convértese en participante, e no oposto, a presenza física do artista pódese volatilizar.
12:00 A Fundación Barrié ampliou a súa colección de pintura internacional con 21 novas adquisicións de 18 artistas
Trátase de obra dos artistas Jessica Stockholder, Shinique Smith, Joãou Penalva, Manuel Caeiro, Gil Heitor Cortesãou, Gerardo Burmester, Albano Afonso, Manuel Vilariño, José Pedro Croft, Perejaume, Ignasi Aballí, Fachendoso González, Rita Magalhãé, Simeón Saiz Ruiz, Teo Soriano, Tracey Moffatt, Yves Oppenheim e Helmut Dorner.
A Fundación abre así o terceiro ano da súa colección de pintura contemporánea incorporando algúns artistas que traballan sobre a historia da pintura desde outros soportes como a fotografía ou a instalación.
Obra de Yves Oppenheim
-Documento Informativo (pdf)
18:00 Exposición: «Valentín Paz-Andrade. Galiza como tarefa»,
Recolle nunha mostra a proposta de desenvolvemento harmónico dos recursos que Paz-Andrade proxectou para Galicia
A memoria de Paz-Andrade dedica á súa obra e á súa traxectoria unha exposición, comisariada por Xosé Díaz Arias de Castro, coa que pretende ofrecer unha visión ampla deste galego poliédrico que compartiu tempo, inquedanzas e iniciativas cos máis grandes representantes da cultura galega do século xx (Castelao, Luís Seoane, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Díaz Pardo ou Alexandre Bóveda). Escritores, intelectuais, políticos que protagonizaron momentos historicamente relevantes como a proclamación do Estatuto de Autonomía de Galicia, o estalido da guerra civil e posterior represión franquista, a supervivencia e o desenvolvemento da cultura galega, dentro e fóra das fronteiras, ademais da transición, onde Valentín xogou un destacado papel como representante de Galicia.
A presente exposición destaca de xeito especial a actividade como empresario de Paz-Andrade. Isto é debido ao carácter progresista, revolucionario e reivindicativo de moitas das súas iniciativas, pioneiras e arriscadas dentro da época convulsa que lle tocou vivir e cuxa importancia chegaría incluso a superar as múltiplas restricións ás que se viu sometido debido ao seu compromiso político.
Servizos da Sede Electrónica
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100