City Services

Lista de noticias

Noticias

2024-10-21. A remodelación do macroparque de Camilo José Cela estará rematada a principios do ano que vén

Foto noticia
Abel Caballero deu conta este luns do avance das obras de remodelación do Parque Camilo José Cela. Cun orzamento de 350.000 euros, a previsión é que os traballos estean rematados a comezos do ano que vén. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-10-17. Caballero: "Repoñeremos as árbores que tumbou o temporal Kirk"

Foto noticia
O alcalde explicou que as incidencias foron "dunha gran envergadura", xa que afectou a 218 árbores en toda a cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-10-02. O Dinoseto deixa a Praza Compostela para comezar a súa recuperación

Foto noticia
O alcalde achegouse este mércores ata Praza Compostela para interesarse polos labores de retirada do Dinoseto que será trasladado ao viveiro do Castro para a súa recuperación. Alí os técnicos reconstruirano integramente, unha tarefa laboriosa que requirirá de certo tempo. "Estamos ante o revival do Dinoseto", dixo Caballero, que avanzou que este símbolo da cidade terá unha nova localización. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-09-26. O goberno local aprobará a remodelación do parque Finca Matías

Foto noticia
Abel Caballero avanzou que a Xunta de Goberno aprobará o proxecto do parque Finca Matías cun importe de 2.850.000 euros. O proxecto inclúe un macroparque infantil e zonas verdes. O alcalde adiantou que o goberno local xa traballa no deseño para o acceso a través de medios mecánicos desde Travesía de Vigo ata Finca Matías e conectar coa rúa Aragón. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-09-10. Abel Caballero: "Iniciamos a recuperación do Dinoseto, un emblema da cidade de Vigo"

Foto noticia
O rexedor informou esta mañá que o vindeiro 2 de outubro "trasladaremos ao Dinoseto ás instalacións municipais do viveiro do Castro para facilitar as labores de acondicionamento". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-08-29. O goberno municipal aproba obras na cidade por valor de 1,4 millóns de euros

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local dará luz verde mañá ás obras de afianzamento do muro e do talude do campo municipal de fútbol de Sárdoma-Moledo, ás obras do muro de contención do Parque Nelson Mandela de Navia e ás da cuberta da pista vermella das Travesas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-07-11. O goberno municipal inicia a demolición dun muro no Parque Nelson Mandela de Navia

Foto noticia
O alcalde avanzou este xoves que a previsión é comezar os traballos este venres ou o vindeiro luns para poder abrir cando antes o parque infantil, pechado nestes momentos para garantir a seguridade dos usuarios. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-11. O goberno municipal adxudica a remodelación do Parque Camilo José Cela

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local dará o visto bo na sesión deste venres á adxudicación do proxecto de renovación do recinto que ten un importe de licitación de case 350.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-03-21. Vigo súmase ao Día da Árbore coa plantación de 50 exemplares na Vía Verde

Foto noticia
O alcalde acudiu ao acto simbólico na Vía Verde, onde o goberno local plantará estes días 50 novas árbores de gran porte. O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Árbore. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-08-10. O goberno local reformará o parque de Camilo José Cela

Foto noticia
Abel Caballero anunciou que a Xunta de Goberno aprobará este venres o proxecto cofinanciado co Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado cos fondos europeos Next Generation EU. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100