City Services

Lista de noticias

Noticias

2024-10-15. O Pazo de Castrelos acolle unha mostra de pezas de cerámica castrexa de 24 xacementos galegos

Foto noticia
O alcalde avanzou esta mañá que o Pazo de Castrelos albergará a partir do xoves e durante un mes unha exposición da mellor cerámica castrexa de Galicia. Esta "extraordinaria" mostra reunirá 75 réplicas cerámicas procedentes dos 24 xacementos máis representativos de toda Galicia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-10-08. O Concello financia 82 entidades deportivas que fomentan o deporte feminino

Foto noticia
Un total de 82 entidades que promoven o deporte feminino recibirán apoio económico municipal para a temporada 2024/2025. Cun importe de 45.000 euros, estas axudas abranguen a práctica de 28 modalidades deportivas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-08-22. Curiosidades Solita pecha a edición de 2024 con "Other Game"

Foto noticia
Este venres, 23 de agosto, finaliza a programación de Curiosidades Solita, unha edición que contou con 8 concertos de grupos novos e artistas con "referencias musicais diferenciais", apuntou o alcalde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-07-22. A Avenida de Castelao énchese de cor co mural colaborativo de Vanesa Álvarez

Foto noticia
Abel Caballero e Carmela Silva, xunto ao delegado de Zona Franca, David Regades, visitaron este luns o inicio dos traballos de pintado dun gran mural no chan que cubrirá a Avenida de Castelao dende Praza América ata a rotonda do barco de Alfageme. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-07-22. O Concello retoma as visitas á fortaleza do Castro

Foto noticia
Este martes 23 de xullo, comeza un novo período de visitas guiadas para tódolos públicos aos túneles da fortaleza do Castro, que poden reservarse xa na nova páxina web http://fortalezadeocastro.vigo.org. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-07-12. O programa municipal de arte urbana ábrese á colaboración cidadá cun mural en Coia

Foto noticia
As persoas que queiran participar no pintando dun mural en Coia deben inscribirse antes do vindeiro mércores, 17 de xullo, na web municipal ou de forma presencial na Asociación de Veciños da Miñoca. A artista Vanesa Álvarez é a responsable da obra que se pintará na superficie do paseo de Coia, desde Praza América á rotonda de Alfageme. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-07-02. Vigo inicia as representacións históricas na vila romana de Toralla

Foto noticia
As dúas primeiras recreacións da vida romana no xacemento de Toralla serán este xoves, 4 de xullo, en dous pases ás 20 e ás 21 horas con entrada de balde ata completar o aforo. Os espectáculos serán os xoves de xullo e agosto coa loita de gladiadores como "estrela da exhibición\". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-06-28. Vigo, cidade de cor cumpre 10 anos enchendo as rúas de arte efémera

Foto noticia
O alcalde e a tenente de alcalde, Carmela Silva, participaron este venres no acto de conmemoración do décimo aniversario do programa municipal de arte urbana, organizado no marco da programación do TAC! Festival de Arte Urbana (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-06-18. O goberno de Vigo mantén o servizo nocturno de paradas a demanda para mulleres

Foto noticia
Abel Caballero lembrou que segue activa esta prestación do servizo de transporte urbano que ten como finalidade "incrementar a seguridade das mulleres que viaxan soas na cidade". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-06-17. Vigo, cidade de cor incorporará 8 novos murais que se sumarán ás 177 actuacións xa realizadas

Foto noticia
O alcalde destacou esta mañá que xa son 177 as actuacións realizadas dentro do programa Vigo cidade de cor, unha cifra á que se sumarán proximamente 8 novos murais. O goberno local vén de contratar o décimo programa de medianeiras cun orzamento de 180.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100