Citizenry Services

Lista de noticias

Noticias

2026-05-12. VigoCultura congrega 8.696 asistentes no primeiro semestre de 2026

Foto noticia
"Un gran éxito", apunta o rexedor, ao facer balance do desenvolvemento do primeiro semestre da programación municipal que ofreceu 26 espectáculos para tódolos públicos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-11. O Marco celebra o Día Internacional dos Museos

Foto noticia
A programación especial, con actividades para tódolos públicos, adiántase a esta fin de semana, desde o venres 15 e ata o domingo 17 de maio. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-06. Os xardíns de Castrelos acollerán este verán a proxección de 6 películas no programa de cine ao aire libre

Foto noticia
O Concello de Vigo seleccionou as producións cinematográficas que se proxectarán do 19 de xuño ao 4 de xullo no Pazo Quiñones de León, en resposta ao éxito alcanzado o verán pasado. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-05. O Concello e o Consello da Cultura Galega lembran a Begoña Caamaño no Concerto das Letras Galegas

Foto noticia
A 16 edición do Concerto das Letras Galegas do Consello da Cultura Galega celebrarase este ano en Vigo, lugar de nacemento, formación e primeiros pasos profesionais de Begoña Caamaño, homenaxeada de 2026. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto coa intérprete encargada da proposta musical, Uxía; Bea Caamaño, irmá de Begoña; e Alejo Amoedo, membro da Comisión Executiva, presentaron en rolda de prensa o programa desta cita, que "será unha festa musical con moitas sorpresas", na que se mestura a tradición galega con sonoridades atlánticas e lusófonas. O concerto, de entrada libre e gratuíta, terá lugar no Auditorio Mar de Vigo o 16 de maio (20:30 horas) e poderá seguirse en directo a través da web do CCG e na Televisión de Galicia, no marco da programación do Día das Letras Galegas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-05. O Goberno local selecciona catro actuacións para os concertos no Pazo de Castrelos

Foto noticia
Indala; Marta Vidal- Augurio; Maryland- Volver a nacer e Cuerdas Atlánticas son os grupos e artistas seleccionados para actuar fronte ao Pazo de Castrelos os domingos de xullo. "O ano pasado foi un éxito e volvemos repetir a experiencia con catro novos concertos para poñer en valor a música e o Pazo", manifestou o alcalde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-30. O artista plástico vigués Alberto Ardid expón as súas últimas creacións no museo MARCO

Foto noticia
Baixo o título "Hai un lugar" o artista expresa a súa \"forma de entender a cidade", segundo destacou este xoves o alcalde ao presentar a exposición, que permanecerá aberta ata o 6 de setembro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-30. "Vigo, un mar de bandas" e "Bandas nos torreiros" asolagarán a cidade de música ata final de ano

Foto noticia
As nove bandas de música de Vigo protagonizarán ata decembro os 92 concertos programados polo Concello e pola Federación de Bandas de Música Populares no marco dos programas "Vigo, un mar de bandas" e "Bandas nos torreiros". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-24. O Auditorio Municipal acolle esta fin de semana tres espectáculos de danza

Foto noticia
O Concello finaliza o primeiro semestre do programa municipal de artes escénicas VigoCultura cunha programación ao redor do "Día Internacional da Danza". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-23. A cidade homenaxea a Domingo Villar no Día do Libro

Foto noticia
O recordo ao escritor e á súa paixón por Vigo centrou hoxe o acto organizado polo Concello na Praza de Compostela en conmemoración do "Día do libro". Contou coa participación do alcalde, da primeira tenente de alcalde, do concelleiro de Cultura, da familia do literato, do estudantado de sexto de Primaria dos colexios García Barbón e Compañía de María, e do escritor Francisco Castro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-23. Vigo énchese de danza o sábado 25 de abril cos grupos folclóricos da cidade

Foto noticia
O Concello celebra esta fin de semana o "Día Internacional da Danza" coas actuacións de dezasete agrupacións folclóricas en 5 zonas da cidade. Caballero convida á cidadanía a participar da música e da danza. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100