City Services

Lista de noticias

Noticias

2026-06-04. O Concello renovará a pista polideportiva do CEIP A Doblada

Foto noticia
Adxudicadas as obras por 35.725 euros para reparar os danos das instalacións deportivas derivados do uso intensivo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-04. A Xunta de Goberno aprobará o convenio con FOANPAS para as becas de comedor

Foto noticia
O importe do acordo ascende a 642.405 euros. Este curso o Concello apoiou a 3.650 escolares con becas de comedor e a 1.570 con axudas de libros e material escolar. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-02. O Concello abre o período de solicitude de praza para novo alumnado da EMAO

Foto noticia
O alcalde anima á cidadanía viguesa a iniciar a aprendizaxe dalgunha das dez especialidades da Escola Municipal de Artes e Oficios que, lembra, é \"totalmente gratuíta". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-01. O Goberno municipal reparará o muro do CEIP Emilia Pardo Bazán

Foto noticia
O alcalde avanzou este luns a adxudicación das obras do centro educativo por un importe de 16.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-29. Publicado o listado provisional de admisión nas Escolas Municipais Infantís

Foto noticia
O alcalde informou de que xa se pode consultar a admisión provisional para o curso 2026/2027. O Concello ofrece 438 prazas nas 9 escolas municipais infantís "totalmente gratuítas, incluído o servizo de comedor" ás que se dedican 2,8 millóns de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-28. 500 escolares vigueses gozan da música da orquestra "Son das Flores"

Foto noticia
O alcalde saudou este xoves ao alumnado de Educación Primaria que asistiu no Auditorio Municipal ao espectáculo "Unha viaxe musical dende Vigo polo mundo?, un concerto didáctico-musical interpretado pola Orquestra "Son das Flores", que permite ás nenas e nenos achegarse de forma lúdica e divertida á riqueza e tradicións musicais de diferentes culturas e países do mundo. A Orquestra "Son das Flores", nacida no Ceip Vicente Risco grazas á implicación activa do seu profesorado e alumnado, promove a música como ferramenta de transformación social e desenvolvemento persoal. Está integrada por 70 nenos/as e adolescentes, de 18 nacionalidades. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-27. O Concello abre o 8 de xuño a reserva de praza nas escolas municipais de música e artes escénicas

Foto noticia
O alumnado das escolas municipais de música, música folk e tradicional, danza e teatro, poderán reservar praza ata o martes 19 de xuño. Desde o venres 22 de xuño, ata o 9 de setembro, permanecerá aberto o período para as solicitudes dos novo alumnado. As clases comezará o xoves 1 de outubro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-25. Vigo reclama á Xunta financiamento para praias e investimento nos centros educativos

Foto noticia
O Pleno aprobou esixir ao Goberno autonómico que financie, como mínimo, o 50% do servizo de socorrismo así como unha achega extraordinaria para reparar os danos provocados polos temporais. Tamén se aprobou instar á Xunta a reforzar e fortalecer o investimento no ensino público da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-21. Case 300 escolares vigueses gozan do espectáculo "Ecoralia, a lambona ecolóxica"

Foto noticia
Alumnado do CPR Miralba, do CPR Possumus, do CPR San Blas-Vista Alegre, do CEIP Plurilingüe Frián-Teis, do CEP Doutor Fleming e do CEIP Virxe do Rocío asistiron no Auditorio Municipal ao espectáculo "Ecoralia, a lambona ecolóxica", unha xornada organizada polo Concello dentro da programación de normalización lingüística. A través de cancións e narracións a ritmo de rock coa súa guitarra, Pakolas achegoulles a historia da maga Ecoralia, que aborda a importancia do consumo ecolóxico para coidar o medio ambiente, combater o cambio climático e garantir o benestar animal. O alcalde saudou ao alumnado e trasladoulles a importancia de coidar o medio ambiente e do estudo nestas últimas semanas do curso académico. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-15. O alcalde achégase á festa do Ceip Virxe do Rocío

Foto noticia
A II Romaría do Resío organizada polo centro escolar contou con diferentes actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. A montaxe dun maio, obradoiros, cancións, bailes e o Banco onde pasan cousas máxicas que inaugurou o rexedor, acompañado polo alumnado, o equipo directivo e as familias que se sumaron á celebración. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100