City Services

Lista de trámites

Acceso aos autobuses urbanos con escúter o vehículos PMR (Personas mobilidade reducida)

De acordo co establecido no Artigo 34: Acceso de persoas con movilidade reducida do Reglamento Regulador do servizo público de transporte urbano colectivo de viaxeiros en autobús da cidade de Vigo; para acceder ao transporte urbano con escúteres ou vehículos PMR é necesario contar cunha tarxeta acreditativa habilitante.

Alegacións a Multas de Tráfico do Concello de Vigo

Se non está de acordo coa denuncia interposta por infracción de tráfico, e non renunciou a formular alegacións mediante o abono da multa coa redución do 50%, ten un prazo de 20 dias naturais, contados desde o seguinte á notificación, para alegar canto considere conveniente a súa defensa e propor as probas que estime oportunas.

Autoliquidación de licenza de entrada de vehículos (vados)

Trámite para a presentación da autoliquidación unha vez sexa requerida a súa presentación polo Departamento de Seguridade tras ter presentado previamente solicitude de licenza de entrada de vehículos (vados)

Autorización Municipal para Realizar Disparos ou Queimas de Material Pirotécnico en Contía Menor de 50 kg.

Non se considera preceptiva a autorización municipal para o disparo ou queima de material pirotécnico das clases I e II, establecidas pola Instrución Técnica Complementaria nº 19 do Regulamento de Explosivos, na súa redacción dada pola Orde PRE/174/2007, de 21 de xaneiro.

Non obstante o establecido no párrafo anterior, cando a contía de material pirotécnico a disparar ou queimar supere os 50 kg., só poderá realizarse coa autorización da Subdelegación do Goberno da Provincia de Pontevedra, independentemente da clasificación dos artificios.

Prohibicións xerais: (Artigo 2 do Bando Municipal de Material Pirotécnico)

1. Prohíbese o disparo ou queima de material pirotécnico a menos de 300 metros de calquera depósito ou almacén que conteña ou almacene sustancias ou materiais susceptíbeis de arder ou defragrar, mesmo se non é preceptiva a autorización municipal.

2. Con carácter xeral, prohíbese o disparo de fogos de artificio ou queima de materiais pirotécnicos de ningunha clase en terreos forestais e nas zonas de influencia forestal, entendidas estas coma as áreas estremeiras que abranguen unha franxa circundante dos terreos forestais cunha largura de 400 metros.

3. Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, e como única excepción, en festas locais ou de arraigada tradición cultural poderase obter autorización para realizar o disparo ou queima de material pirotécnico en zonas de influencia forestal, sempre salvagardando o límite do 2.1, agás cando no Índice de Risco Diario de Incendio Forestal publicado pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, o Distrito XVIII (ao que pertence Vigo) apareza co nivel 5.

Baixa por Ocupación Vía Pública: Valados, Andamios e Aparcamento Exclusivo

A efectos das competencias de inspección e control sobre o estado da vía pública por parte dos Servizos de Infraestruturas e Obras e Circulación Viaria, os solicitantes da reserva de ocupación en viarios públicos, rúas ou beirarrúas de propiedade municipal, estarán obrigados a formular a baixa do aproveitamento unha vez retirados os elementos que motivaron dita reserva.

Mediante este trámite solicita dar de baixa a reserva de ocupación de vía pública para:

A. Valados, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas.

B. Aparcadoiro exclusivo.

Consulta das multas de tráfico

Pode consultar as multas de tráfico que estén ao seu nome dende o ano 2006. Pode obter o seu estado, importe e detalles da infracción.

Identificación do conductor en multas de tráfico do Concello de Vigo

Se, como titular de vehículo, condutor habitual ou arrendatario do vehiculo recibiu un requirimento para que identifique a un condutor responsable dunha infracción, pode realizar este trámite na internet, sen necesidade de certificado dixital nin de DNI electrónico.

¿Cando existe obrigación de identificar?

É obrigatorio identificar se a denuncia refírese a feitos en que o vehiculo esta circulando e o condutor non esta identificado.

¿Que pasa se non se identifica ao condutor existindo obligacion de facelo?

En caso de non atender dita obrigación (ou facelo de forma non veraz) no prazo indicado , sera sancionado como autor dunha infracción moi grave prevista no Art. 77 j) ;

A cuantia de dicha multa sera do dobre da prevista para a infracción orixinaria que a motivo sise trata dunha infracción leve e con multa do triplo se a infracción orixinaria é grave ou moi grave (Art. 80 2 b do R.D 6/2015).

A sanción por non identificar o condutor responsable da infracción non ten redución do 50 % do importe da multa.

A identificación do condutor debe realizarse no momento procedemental oportuno.

Petición de Fotos por Retirada do Vehículo polo Guindastre Municipal

Solicitude das fotos realizadas ao retirar o vehículo polo guindastre municipal.

Recollida do Vehículo do Depósito Municipal

Recollida do vehículo do depósito municipal pola súa retirada da via pública.

Solicitude / Autoliquidación da Autorización para Colocación de calquera Medio Mecánico ou Aparellos Elevadores Sen Matrícula para a Construción na Vía Pública

Mediante este trámite solicítase autorización para colocación de calquera medio mecánico ou aparellos elevadores sen matrícula para a construción, na vía pública.

Solicitude / Autoliquidación de Certificado por Cambio de Vehículo Taxis

Mediante este trámite vostede poderá solicitar o certificado de cambio de vehículo.

Solicitude / Autoliquidación de Instalación de Terrazas na Vía Pública con Mesas e Cadeiras

A implantación destas instalacións require a previa obtención de licenza municipal nos termos previstos na Ordenanza Municipal reguladora e na normativa sectorial aplicable.

A licenza municipal permite ao solicitante o aproveitamento de terreos de dominio público dentro do término municipal de Vigo mediante a ocupación temporal con terrazas e instalacións análogas que constitúan complemento da actividade que desenvolven os establecementos de hostalería de carácter permanente.

Estas normas non serán de aplicación aos actos de ocupación do dominio público de carácter hostaleiro que se realicen con motivo da celebración das festas patronais, ferias e festexos populares, que se rexirán polas súas normas específicas.

A estes efectos, entenderase por terrazas, as instalacións formadas por mesas, cadeiras, parasois, toldos, xardineiras e outros elementos de mobiliario urbano móbiles e desmontables, que desenvolven a súa actividade de forma accesoria a un establecemento principal de hostalería tal como bar, café-bar, cafetería, restaurante o similares.

Solicitude / Autoliquidación de Ocupación Vía Pública: Aparcamento Exclusivo e Parada de Vehículos por Obra (Duración Indefinida)

Mediante este trámite autorízase o aparcamento exclusivo de vehículos para carga e descarga en zonas restrinxidas por Ordenanza Municipal.

Solicitude / Autoliquidación de Ocupación Vía Pública: Carga e Descarga por Obras e Mercadorías de calquera Clase

Mediante este trámite autorízase o aparcamento en exclusivedade de vehículos para carga e descarga, por obras e mercancías de calquera clase.

Solicitude / Autoliquidación de Ocupación Vía Pública: Valados, Puntais, Asnillas, Andamios e Outras Instalación Análogas

Autorización para ocupar terreos de uso público local con valados, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas.

Solicitude / Autoliquidación de Ocupación de Vía Pública para Postos, Barracas, Casetas de Venda, Atraccións de Recreo etc.

Instalación de postos, barracas, buzóns postais, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de dominio público local, así como industrias na rúa e ambulantes, sempre que se trate de supostos non incluídos na ordenanza Reguladora de Venda na Vía Pública e Espazos Abertos.

Solicitude de Licenza de Entrada de Vehículos (vados)

O paso de vehículos a locais ou espazos de uso privado, pasando sobre espazos de uso público peatonal, requirirá a correspondente licenza municipal de vado. A licenza de vado conlevará a prohibición de aparcamento de calquera vehículo fronte á entrada do local e, por conseguinte, a autorización para señalizar tal circunstancia.

Solicitude de Licenza de Taxi

A prestación do servizo público de taxi da Cidade de Vigo estará suxeita á previa obtención de licenza municipal, que se outorgará de conformidade e cos requisitos esixidos na Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia e na Ordenanza Municipal reguladora do servizo de taxi na cidade de Vigo.

A convocatoria e outorgamento de licenzas polas entidades locales virá determinado pola necesidade e conveniencia do servizo a prestar ao público.

Solicitude de Ocupación da Vía Pública con Instalación de Posto de Venda na Vía Pública (Venda Ambulante)

Considérase venda ambulante:

1. A realizada en feiras e mercados que se realicen en lugares establecidos cunha periocidade determinada.

2. A realizada en mercados ocasionais debidos á celebración de festas ou acontecementos populares.

3. O comercio na rúa, entendido este como o realizado na vía ou no espazo público nun número de postos, situación e períodos determinados.

Non terán a consideración de ambulante as vendas realizadas dentro de locais ou recintos ocupados por un certame ferial.

Clasificación das autorizacións:

Autorización para a venda de artigos de temporada, con localización en zonas ou lugares concretos ou por tempo determinado (venda de xelados, castañas etc.).

Autorización para a venda en vía pública por un prazo determinado ou en puntos ou zonas sinaladas previamente (barquillos, cacahuetes, etc.).

Autorización para o exercizo de servizos ou actividades como fotógrafos, afiadoras, limpabotas, pianos de manubrio, etc.

Autorización para a venda doutros produtos non previstos nos apartados anteriores. Exceptúase a venda de toda clase de produtos alimenticios que queda prohibida conforme coas normas contidas nas disposicións vixentes.

Solicitude de eventos e festas populares

A celebración de festas e eventos populares, na medida que comportan unha ocupación especial e temporal das vías ou espazos públicos de titularidade municipal afectados polo evento, require da preceptiva autorización da Administración.

Este réxime de control intensifícase cando o acto de ocupación comporta a celebración de espectáculos e actividades extraordinarias, especialmente as que requiran da instalación de escenarios e estruturas móbiles.


Solicitude para o desempeño de actividades con drons

En cumprimento do Real Decreto 517/2024 polo que desenvolve o réxime xurídico para a utilización civil de sistemas de aeronaves non tripuladas (UAS), tras a súa aprobación o pasado 4 de xuño en Consello de Ministros e a súa posterior publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE/BOE) o día 5 de xuño, no caso de facer operacións con aeronaves non tripuladas sobre aglomeracións de edificios en cidades, pobos ou lugares habitados ou reunións de persoas ao aire libre, deberán acomodar a súa solicitude ás condicións establecidas neste real decreto.

Transmisión da Licenza de Taxi por Falecemento do Titular

A Licenza Municipal de taxis poderá transmitirse por falecemento do titular, a favor dos seus herdeiros lexítimos, de non poder explotala licenza constituirán unha comunidade de herdeiros.

Transmisión da Licenza de Taxi por Xubilación ou Incapacidade Laboral do Titular

Por xubilación do titular ben forzosa ou voluntaria, ou por incapacidade laboral declarada polos tribunais ou organismos competentes que lle impidan o exercizo da profesión.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100