City Services

Lista de noticias

Noticias

2026-04-20. Vigo cederá solo municipal para unha residencia de saúde mental

Foto noticia
Caballero compromete apoio á asociación DOA e reclama á Xunta que asuma o custe desta infraestrutura. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-17. O Feelant Impact Summit sitúa a Vigo como punto de referencia en impacto social

Foto noticia
O Auditorio Mar de Vigo acollerá o próximo 23 de abril a terceira edición deste encontro, centrado na innovación social, o investimento de impacto e a colaboración. O evento reunirá a destacados representantes do ámbito institucional, científico e social, e culminará coa entrega dos Feelant Impact Awards. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-16. Medio centenar de persoas reciben formación en desenvolvemento de capacidades persoais

Foto noticia
Case medio centenar de persoas recolleron esta mañá o seu diploma de asistencia aos obradoiros de Desenvolvemento de capacidades persoais organizados no edificio de servizos sociais da rúa Alta. O alcalde foi o encargado de facer entrega do documento que acredita a formación en habilidades sociais, autoestima ou competencias dixitais. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-16. Volven os paseos en barco pola ría con máis prazas e unha nova ruta sobre as súas lendas

Foto noticia
Estas viaxes forman parte do programa "Vigo, cidade amiga dos maiores". O alcalde anunciou que serán 2.675 prazas, 75 máis que o ano anterior, e que a apertura de inscricións comezará o luns 20 de abril a través do 010. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-15. O Servizo de Teleasistencia municipal atendeu a 927 personas en marzo

Foto noticia
Incorporou a 22 novas altas e realizou 4.606 chamadas para atender as necesidades das persoas usuarias. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-13. O Concello adica 60.000 euros a proxectos de cooperación internacional

Foto noticia
O 30 de abril rematará o prazo para que as ONGs da cidade poidan solicitar fondos para os seus proxectos de cooperación. O Concello dedica 60.000 euros do orzamento municipal para colaborar con iniciativas como a financiamento de prazas de comedor escolar en Perú. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-09. "Bailes en Vigo", o sábado 11 de abril en Beade

Foto noticia
O alcalde convidou á cidadanía "de todo Vigo" a "asistir, bailar e pasalo ben" este sábado na Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Beade, que acollerá desde as 19 horas e ata as 22 horas, unha nova sesión dos "Bailes en Vigo", o programa municipal de lecer incluído en "Vigo, cidade amiga das persoas maiores". Con entrada gratuíta, as sesións de baile continuarán en vindeiras datas en San Miguel de Oia, Becerreira-Cabral e Lavadores. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-01. O prazo para solicitar as bolsas de comedor estenderase desde o luns 6 de abril ata o 4 de maio

Foto noticia
O luns 6 de abril abrirase o período para solicitar as becas de comedor e de libros, un prazo que permanecerá aberto ata o 4 de maio. Este curso, o Concello reforza o compromiso social cun aumento de más do 50% nestas axudas e novas axudas para libros. Xa se pode solicitar cita na páxina web municipal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-30. O Concello reforza o programa "Vigo Inclusivo" con 600 novas prazas en actividades artísticas

Foto noticia
O Concello amplía o seu programa "Vigo Inclusivo" co lanzamento de novas actividades baixo o nome de "Vigo Arte Inclusiva", unha iniciativa que contará con 600 novas prazas de ocio educativo para persoas con diversidade funcional. O obxectivo é fomentar a inclusión social e facilitar a conciliación das familias durante períodos non lectivos, (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-27. O Goberno local aproba a convocatoria das becas de comedor e libros para o vindeiro curso 2026-2027

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou este venres as bases da convocatoria das becas de comedor e libros para o curso 2026-2027. Ascenderán a preto de 3 millóns de euros. O apoio a cada familia aumenta en máis dun 50 por cento, xa que pasa de 426 a 640 euros anuais. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100