Citizenry Services

Lista de trámites

Adhesión de Entidades Privadas sen Ánimo de Lucro ao Programa de Voluntarios

Mediante a adhesión a este programa as entidades privadas poderán beneficiarse de persoal voluntario, inscrito na Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) do Concello de Vigo, para o desenvolvemento de actividades de interese xeral (servizos sociais, saúde, protección civil, medio ambiente, educación, cultura, lecer e tempo libre, consumo, defensa dos dereitos, mocidade, cooperación internacional, defensa e fomento da economía e calquera outra que responda á natureza e fins da actuación do voluntariado).

Inscrición no Programa Municipal de Voluntariado

O voluntariado é unha forma de participación da sociedade na atención de necesidades na cal conflúen a liberdade de actuación, a solidariedade e o altruismo.

Enténdese por voluntariado o conxunto de actividades desenvolvidas en áreas de interese xeral sempre que se realicen:

- De xeito altruísta, desinteresada e solidaria.

- Con carácter voluntario e libre, sen que teñan por causa unha obrigación persoal ou deber xurídico.

- Sen contraprestación económica.

- Por medio de entidades públicas ou privadas estables e democráticas sen ánimo de lucro e de acordo con concretos programas ou proxectos de interese xeral.

Quedan excluídas do concepto de voluntariado as actividades:

- Desenvolvidas como consecuencia dunha relación laboral, mercantil ou funcionarial de calquera tipo.

- Illadas, esporádicas ou realizadas por razóns de benevolencia, amizade ou boa veciñanza.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100