2024-08-22. O goberno municipal dedica 450.000? ao fomento do asociacionismo e da participación cidadá
O alcalde avanzou que se aprobará na Xunta de Goberno Local de mañá as bases reguladoras e a convocatoria. Tamén se aprobará a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro que realizan programas de apoio ás mulleres. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-06-18. O goberno de Vigo mantén o servizo nocturno de paradas a demanda para mulleres
Abel Caballero lembrou que segue activa esta prestación do servizo de transporte urbano que ten como finalidade "incrementar a seguridade das mulleres que viaxan soas na cidade". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-05-21. O Concello concede as últimas becas de libros e alcanza as 23.771 axudas por preto de 5 millóns de euros
O goberno municipal de Vigo aprobou na Xunta de Goberno do luns a concesión das últimas becas de libros ata alcanzar os preto de 5 millóns de euros en axudas ás familias, así como a prórroga para os dous próximos anos do programa "Visita o teu Concello", e a licitación da iniciativa coeducativa "Camiña con nós pola igualdade". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-05-20. Vigo estudará e formará sobre violencia vicaria con catro expertas na materia
O Concello organiza unhas xornadas o 29 e 30 de maio coa participación de Teresa Paramato, Inmaculada Poveda, Ana Bernal e Marisa Soleto, expertas na violencia de xénero. "A violencia vicaria é unha das consecuencias máis graves da violencia de machista", afirmou a tenente de alcalde e delegada da Área de Igualdade, Carmela Silva. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-04-26. O goberno aproba a xestión do Servicio Municipal de Atención Domiciliaria da Infancia
O goberno local aprobou este venres a xestión do Servizo Municipal de Atención Domiciliaria da Infancia e o convenio coa Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos para prestar atención especializada ás mulleres vítimas de violencia machista. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-25. O concerto de Lontreira celebrarase no Auditorio Municipal por mor da choiva
O mércores 27 de marzo finalizan os actos programados con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller, co concerto a cargo do grupo Lontreira, que saíra ao escenario ás 21 horas. O actuación terá lugar no Auditorio Municipal debido ás previsións de choiva. A entrada é libre ata completar o aforo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-22. O goberno local apoia a Reconquista con 155.000 euros
A Xunta de Goberno deu luz verde ao convenio coa Asociación de Veciños do Casco Vello polo que se conceden 125.000 euros para a organización da Reconquista. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-20. Inauguradas as xornadas formativas "As políticas públicas de Igualdade" organizadas polo Concello
No marco da programación municipal polo Día Internacional da Muller 2024, as xornadas formativas ofrecen durante dous días un espazo de reflexión sobre as catro décadas de políticas públicas de igualdade en España e Galicia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-19. Máis de 160.000 persoas pasaron polo HALO no seu primeiro mes de historia
Caballero deu conta dos datos do uso do ascensor e as pasarelas do HALO no seu primeiro mes en funcionamento, cunha media de 5.517 persoas ao día. Así, 160.000 persoas achegáronse á obra que abriu ao público o pasado 16 de febreiro, una estrutura que alberga un ascensor e sirve para unir a zona do Areal con Vialia e Vía Norte. Amais, o alcalde destacou que tamén durante o primeiro mes se puxo en marcha o xogo de luces da estrutura "para pregoar efemérides como o Día Internacional da Muller", cando o HALO se tinguiu de color lila. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-18. O Concello organiza as xornadas formativas "As políticas públicas de Igualdade"
No marco da programación municipal polo Día Internacional da Muller 2024, as xornadas formativas ofrecen durante dous días un espazo de reflexión sobre as catro décadas de políticas públicas de igualdade en España e Galicia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100