Citizenry Services

Lista de noticias

Noticias

2024-08-13. Récord histórico de prazas nos campamentos de verán do Concello con 4.425 participantes

Foto noticia
O Concello bateu este verán o récord histórico de oferta de prazas nos campamentos de verán coa participación de 4.425 nenos e nenas. Así o constatou hoxe Abel Caballero ao visitar, coas concelleiras de Turismo e Xuventude e Medioambiente, María Lago e Nuria Rodríguez, o campus polideportivo de Bouzas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-07-23. O goberno local adxudica a xestión das ludotecas da Casa da Xuventude e de Coia que facilitan a conciliación familiar de forma gratuíta

Foto noticia
O alcalde anunciou este martes a adxudicación ata finais de 2026 do contrato de organización, xestión e dinamización das ludotecas da Casa dá Xuventude, na rúa López Mora, e de Coia, por 321.000 euros. Caballero lembrou que as ludotecas son totalmente gratuítas para os usuarios e permiten a conciliación familiar. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-06-19. O rexedor sitúa a aprobación provisional do PXOM como "un dos fitos históricos da cidade"

Foto noticia
A aprobación provisional do PXOM foi un dos grandes avances urbanísticos neste primeiro ano de mandato, "un gran fito histórico", destacou Abel Caballero, nun acto no que fixo balance do seu goberno desde xuño de 2023. A recuperación do paseo do Lagares ou as primeiras licenzas de construción para o Barrio do Cura son outras das accións destacadas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-06. O Concello apoia un ano máis o campus de Coruxo

Foto noticia
A mocidade pode elixir entre unha trintena de deportes. O campus de Coruxo está dirixido á rapazada nada entre 2010 e 2018. A dirección do Coruxo F.C. espera a máis de 500 mozos e mozas deportistas e 150 técnicos entre o 24 e o 28 de xuño nas súas instalacións. O alcalde manifestou na presentación que o campus "ten moita calidade" e louvo que se consiga o "espírito colectivo" en torno ao deporte. A inscrición está dispoñible na web www.coruxofc.com (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-24. O Concello oferta 450 novas prazas de campamentos deportivos para nenos e nenas de 6 a 14 anos

Foto noticia
O Concello convoca 450 novas prazas de campamentos o que eleva o total de vacantes a case 4.500 para este verán. Estas campus deportivos desenvolveranse nos complexos deportivos de As Travesas e Samil. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-22. O Concello oferta case 4.000 prazas nos campamentos infantís deste verán

Foto noticia
O prazo de inscrición na web https://campamentos.xuventudevigo.org/ abre este xoves, 25 de abril, e remata o domingo 12 de maio. As nenas e nenos vigueses de entre 4 e 17 anos poderán participar en 15 campamentos en diferentes espazos da cidade con aula matinal e servizo de friameira. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-12. O goberno local aproba o convenio co CRAC de Coruxo para programas infantís e xuvenís

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou esta acción cun importe de 28.000 euros. Tamén aprobou o convenio coa Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral polo mesmo importe para levar adiante actividades de ludoteca. Tamén aprobáronse 43.000 euros de subvencións á cultura. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-01-24. Vigosónico abre o plazo de inscripción para as clases que comenzarán o 6 de febreiro

Foto noticia
O alcalde anunciou este mércores que o sábado 6 de febreiro comezarán en Vigosónico as actividades formativas da Academia. Detallou que se prolongarán durante os meses de febreiro, marzo e abril. Os interesados poden inscribirse a través da web de Xuventude. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-10-17. O Concello destinará 234.000 euros á prevención de consumos aditivos entre a mocidade

Foto noticia
O alcalde informou este martes do outorgamento desta subvención do Plan Nacional sobre Drogas que servirá para desenvolver programas para o tempo libre da xuventude viguesa. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-10-05. Vigosónico abre o prazo de inscrición para participar na actividade formativa

Foto noticia
Xa pode solicitarse a praza para Vigosónico Academia, que impartirá clases de canto, guitarra, baixo e batería de iniciación e obradoiros adaptados a diferentes idades e niveis. Tamén para Vigosónico Campus que ofrece formación musical para apoiar o talento emerxente da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100