City Services

Lista de noticias

Noticias

2026-02-02. O Goberno local impulsará a recuperación integral da praia da Punta

Foto noticia
O alcalde anunciou un ambicioso proxecto de recuperación e mellora da praia da Punta, na parroquia de Teis, co obxectivo de consolidala como un novo espazo de referencia para o lecer, o baño e o goce do litoral. O elemento máis destacado da intervención será a creación dunha piscina no mar. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-12-15. O Goberno de Vigo retoma o martes 13 de xaneiro as visitas guiadas á depuradora do Lagares

Foto noticia
O Concello organiza todos os martes de 2026, a partir do 13 de xaneiro, visitas guiadas á depuradora do Lagares destinadas a que cidadanía de Vigo coñeza o funcionamento dunha "obra excepcional", segundo remarcou Abel Caballero. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-12-09. O Concello destaca case 600 adopcións de animais desde 2024 no Centro de Protección

Foto noticia
O alcalde fixo balance das políticas en materia de benestar animal con motivo do Día Internacional dos Dereitos dos Animais que se celebra o 10 de decembro. "O primeiro gran paso foi pechar o zoolóxico e a mellora do tratamento na protectora de animais". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-11-26. O Concello avanza na transformación da Avenida de Europa nun corredor verde

Foto noticia
O goberno local segue a traballar na construción dun corredor ecolóxico e sostible desde a Avenida Castelao ata Samil. Para este proxecto conta con máis de 2 millóns de fondos FEDER. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-11-13. O Goberno municipal dá luz verde á programación de VigoNature

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local aprobará o proxecto do novo espazo medioambiental da cidade que pasa de ser un "vello zoolóxico" a un modelo de educación e divulgación ambiental. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-30. O orzamento municipal de Medio Ambiente ascende a 19,3 millóns de euros en 2026

Foto noticia
O alcalde detallou este xoves as partidas dedicadas á área medioambiental, a parques e xardíns para o próximo ano, que experimentan un ascenso de case un 11% respecto a 2025 (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-29. O Concello amplía os horarios dos 8 cemiterios municipais por Todos os Santos

Foto noticia
Os cemiterios municipais permanecerán abertos entre as 09,00 e as 18,30h os días 30 e 31 de outubro e o 1 e 2 de novembro para facilitar o acceso da cidadanía. Ademais, as persoas que visiten Pereiró, Lavadores e Teis poderán gozar de exposicións sobre a historia da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-17. Aprazada a ruta deste domingo polo Monte Galiñeiro por mor das choivas

Foto noticia
O Concello informa de que, por mor da previsión climatolóxica adversa prevista para este domingo, queda aprazado o percorrido medioambiental polo Monte Galiñeiro, trasladándose para o domingo 2 de novembro no mesmo horario. Aquelas persoas inscritas manterán a súa praza. No caso de que non poidan asistir na nova data poderán renunciar no 010 durante a próxima semana de cara a abrir un novo prazo de inscrición coas prazas vacantes. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-17. Vigo avanza no Plan de Acción contra o Ruído

Foto noticia
O alcalde anunciou hoxe a aprobación da revisión do Plan de Acción contra o Ruído, un instrumento clave para seguir "avanzando cara a unha cidade máis sostible, habitable e accesible". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-07. Caballero urxe á Xunta a reducir "inmediatamente" o caudal ecolóxico da presa de Eiras

Foto noticia
O alcalde urxe á Xunta de Galicia a reducir "de forma inmediata" o caudal ecolóxico que sae da presa de Eiras para afrontar a actual situación de seca "severa" e ante a falta de previsión de choiva no próximos quince días. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100