Citizenry Services
Convocatoria de subvencións para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, do programa de ”Axudas Municipais á Contratación” no marco da actuación municipal para o ano 2024 que se integran na liña 2.6. Atención aos colectivos e as súas necesidades sociais: emprendedores/as do Plan Estratéxico de Subvencións (PES) aprobado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 08.03.2024; ao seu efecto, ten por obxecto servir de estímulo ao empresariado para a contratación, favorecer a mellora das condicións e o emprego estable e de calidade das persoas traballadoras do municipio de Vigo, a través dos seguintes programas de axudas:
A) Programa Indefinidos: comprende a transformación a indefinido do contrato previo formalizado, e de ser o caso as súas prórrogas, en calquera das modalidades contractuais vixentes no período comprendido desde ó 1 de xullo de 2023 ao 30 de xuño de 2024 realizado á persoa traballadora pola que se solicita a axuda.
O contrato indefinido terá unha xornada laboral superior ou igual ao 50% da xornada laboral semanal establecida no convenio colectivo de aplicación e será superior ou igual ao contrato temporal do que deriva.
A persoa traballadora pola que se solicita esta axuda estará empadroada no municipio de Vigo alo menos desde o 1 de xaneiro de 2023 e prestará servizos no mesmo.
B) Programa Contratacións: Comprende a contratación indefinida de persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, empadroadas no municipio de Vigo, para prestar servizos no mesmo, no período comprendido entre ó 1 de xullo de 2023 e ó 30 de xuño de 2024.
O contrato subscrito terá unha xornada laboral superior ou igual ao 50% da xornada laboral semanal establecida no convenio colectivo de aplicación.
A persoa traballadora pola que se solicita esta axuda resultará seleccionada entre as candidaturas remitidas desde a unidade de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo e/ou desde o Servizo Público de Emprego de Galicia para o que previamente se remitirá a correspondente oferta de emprego. No caso de falta de candidaturas co perfil requirido admitirase á empresa solicitante a contratación dunha persoa traballadora que resulte do seu proceso de selección e reúna os requisitos desta convocatoria.
Quedan excluídas as contratacións indefinidas iniciais que se realicen con persoas traballadoras que nos 6 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido, ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación nos casos de sucesión de empresas previsto no art. 44 do RDL 2/2015, do 23 de outubro.
C) Programa Mellora: Comprende a axuda para a mellora da estabilidade laboral no período comprendido entre ó 1 de xullo de 2023 e ó 30 de xuño de 2024, a través das seguintes opcións:
- o incremento de xornada laboral do contrato formalizado de tempo parcial a tempo completo segundo estableza o correspondente convenio colectivo de aplicación.
- o incremento da duración anual do contrato fixo-descontinuo a un mínimo de 9 meses a xornada completa.
A persoa traballadora pola que se solicita esta axuda estará empadroada no municipio de Vigo alo menos desde ó 1 de xaneiro de 2023 e prestará servizos no municipio.
Convocatoria de subvencións para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva de axudas económicas ás empresas de nova creación constituídas legalmente como tales coa finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais.
A finalidade destas axudas é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa durante os primeiros meses de actividade así como, de ser o caso, favorecer ás empresas segundo a situación social e/ou colectivo ao que pertenzan e acredite cada persoa promotora que cree o seu posto de traballo.
A contía máxima da axuda por todos os conceptos a subvencionar será de 3.000,00€ para a beneficiaria e non excederá da contía total do investimento inicial realizado.
Subvencionarase o 50% dos gastos correspondentes aos tres meses anteriores e aos catro meses posteriores ao inicio da actividade empresarial, agás os gastos de constitución e apertura, que poderán corresponder ao período comprendido dende os seis meses antes do inicio da actividade ata a data límite de presentación das solicitudes: Gastos de constitución e apertura, Existencias iniciais de mercadorías, Gastos de alugueiro, Primas de seguros, Gastos da actividade e Dereitos de propiedade industrial.
Se a contía resultante dos gastos da posta en marcha e funcionamento resulta inferior á contía máxima de axuda de 3.000,00€ poderase incrementar segundo a situación social que acredite cada persoa promotora que cree o seu posto de traballo sempre que non exceda da contía total do investimento inicial subvencionable realizado e da contía máxima a subvencionar para cada empresa solicitante desta axuda.
Este incremento será acumulativo, considerando cada situación que resulte acreditada coa documentación presentada coa solicitude.
Se o montante total das solicitudes debidamente presentadas superase o orzamento previsto a Comisión de Valoración realizará proposta de resolución conforme aos criterios de avaliación. Para isto as solicitudes ordenaranse en forma descendente segundo a puntuación obtida tras a aplicación dos criterios de avaliación, sendo o importe a subvencionar o calculado, para cada solicitante, segundo o previsto nas bases reguladoras, ata esgotar a cantidade máxima autorizada.
Mediante este servizo accédese, mediante cita previa , ao dispositivo municipal que facilita información, apoio e asesoramento nos procesos de busca de emprego das persoas desempregadas de Vigo.
Esta convocatoria de subvencións,en réximen de concorrencia competitiva, realizada pola Concellería de Emprego do Concello de Vigo, no marco da actuación municipal para o ano 2024, se integran na liña 4.7.- Fomento de actividades sociais: actividades de interese público realizadas a través de agrupacións de persoas, asociacións, etc do Plan Estratéxico de Subvencións (PES) aprobado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 08.03.2024; ao seu efecto, ten por obxecto apoiar ás entidades asociativas no desenvolvemento dos seus proxectos para o fomento da inserción laboral e o Fomento da creación e consolidación do emprego estable e de calidade no municipio, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo, realizadas ou pendentes de levar a cabo, dende 1 de agosto de 2023 ata o 31 de xullo de 2024. Estas axudas están dirixidas a fomentar o emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro e o fomento da estabilidade laboral do persoal contratado ou transformado en fixos ou fixos descontinuos nas últimas dúas convocatorias, co fin de reforzar a súa capacidade de autoorganización e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción da calidade de vida e benestar social da cidadanía.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100