Citizenry Services

Lista de noticias

Noticias

2026-09-04. Comeza o curso nas Escolas Infantís Municipais

Foto noticia
O alcalde visitou este venres a Escola Infantil de Navia na que botou a andar o curso 2026/2027 co período de adaptación das crianzas de entre 0 e 3 anos. En total, o Concello oferta 438 prazas nas nove escolas infantís. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-12. O Concello adxudica a xestión ata 2030 da escola infantil de Bembrive por 1,8 millóns de euros

Foto noticia
Caballero destacou que ou Concello destina ao ano 2.650.959 euros a financiar as 9 escolas infantís municipais e que todos os servizos - o comedor, a matrícula, a docencia e a atención especializada - son gratuítos para as familias. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-10. O Concello avanza este verán nas obras de reparación dos colexios de primaria

Foto noticia
O novo curso escolar comezará o próximo 9 de setembro nun importante número de centros públicos de Vigo coas melloras realizadas polo Concello. O alcalde avanzou este luns que o investimento municipal nas actuacións máis salientables superan os 250.000 euros. "No inicio de curso xa teñen que estar todos os colexios preparados", afirmou Abel Caballero. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-27. O Pleno insta á Xunta a abrir novos PAC en Vigo para desconxestionar a atención sanitaria

Foto noticia
A Corporación municipal aprobou, cos 21 votos favorables do PSOE e do BNG e os 5 votos en contra do PP, unha moción que reclama á Consellería de Sanidade a creación de novos Puntos de Atención Continuada na cidade e o cesamento do conselleiro de Sanidade. O Pleno deu luz verde, coa mesma votación, a unha segunda iniciativa sobre a implantación de novos ciclos de Formación Profesional Básica nos centros públicos vigueses. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-24. O alcalde apoia as demandas de persoal do IES Alexandre Bóveda e do Conservatorio Superior de Música

Foto noticia
Abel Caballero censurou que a Xunta de Galicia "escatime recursos para o ensino, a educación e a formación na cidade" e trasladou o seu apoio ao IES Alexandre Bóveda que demanda profesorado e ao Conservatorio que perderá dúas prazas de persoal administrativo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-22. Un grupo de alumnado da Universidade de Pekín visita o Concello

Foto noticia
O alcalde recibiu este mércores a un grupo de estudantes chineses da Universidade de Pekín, que está gozando dunha estadía formativa na cidade para aprender español. Abel Caballero deulles a benvida a Vigo, convidounos a coñecer a nosa historia e a visitar algúns dos lugares destacados e a probar os manxares da gastronomía olívica. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-16. O Goberno local garante a continuidade da UNED en Vigo cun investimento de 225.000 euros ao ano

Foto noticia
Abel Caballero explicou que a achega municipal alcanza os 825.000 euros pola cesión gratuíta do espazo, valorado en 600.000 euros anuais. O Concello tamén apoia con 60.000 euros o programa cultural Conexións Vigo 2026 (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-06. O Goberno local dedica 517.000 euros anuais á Escola Infantil de Bembrive

Foto noticia
O Concello destina preto de 3 millóns de euros anuais ás nove escolas infantís municipais para nenas e nenos de 0 a 3 anos, que son gratuítas para as familias e financiadas integramente polo Goberno municipal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-30. O Concello reúne a familias e alumnado do Vigo en Inglés 2026

Foto noticia
O alcalde asiste este martes aos encontros coas familias dos 1015 estudantes vigueses que irán ao Reino Unido e Irlanda a partir de setembro coa beca do Concello. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-29. O Pleno pide á Xunta que iguale a achega de 200.000 euros do Concello ao Celta de Vigo de baloncesto feminino

Foto noticia
Os corporativos denunciaron no Pleno deste luns o trato desigual que aplica a administración galega aos equipos de Vigo e A Coruña que necesitan apoio económico para participar nas fases de ascenso da máxima categoría. Mentres o Leyma recibiu 150.000 euros, o Celta de Vigo de baloncesto feminino non contou co apoio económico da consellería de Deportes, fronte aos 45.000 euros achegados polo Concello de Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100