2024-11-13. Caballero felicita ao Melgachos polo carácter solidario do seu torneo Movember de rugby que se disputará o sábado 16
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a décima edición do Torneo Movember, un triangular de rugby para equipos veteranos que comezará este sábado ás 11:00 horas no campus da As Lagoas, na cidade universitaria viguesa. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-11-12. O mundo deportivo suma o libro "Os deportes de Vigo e a súa área metropolitana" á súa literatura
Eugenio Álvarez (Vigo, 1960), acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe o seu novo libro "Os deportes de Vigo e a súa área metropolitana", un traballo prologado polo alcalde, Abel Caballero, que consta de 176 páxinas e 1.215 imaxes cun crisol de modalidades. O fotógrafo foinas plasmando co seu cámara ao longo de anos de relación co deporte local. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-11-08. Caballero apunta que a San Silvestre deste 31 de decembro na Porta do Sol baterá \"récord de entusiasmo"
O alcalde de Vigo anunciou hoxe a apertura do período de inscrición para a San Silvestre solidaria, que terá a súa saída e chegada na Porta do Sol e que comezará o 31 de decembro, martes, ás 17:00 horas e sinalou que, malia non ser unha carreira competitiva "en termos deportivos, é moi competitiva en festa". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-10-30. Caballero anuncia a Milla Vigo+11 en Navia, que achega este domingo unha nova distancia ao Run Run Vigo
O alcalde presentou a última novidade que se incorpora ao circuíto municipal de carreiras populares, o Run Run Vigo, coa presentación do "cambio de denominación e localización da Vigo+11", que pasa a denominarse Milla Vigo+11 e que se disputará este domingo, desde as 10:30 horas, en Navia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-10-29. O alcalde entrega as becas municipais a 43 deportistas de elite
Abel Caballero entrega este martes as becas municipais a 43 deportistas de elite de Vigo para que afronten os gastos de adestramento e participación en competicións nacionais e internacionais. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-10-25. O Concello inviste máis de 100.000 euros en melloras no pavillón e no campo de fútbol de Bouzas
O Concello iniciará o luns a rehabilitación da cuberta do pavillón de Bouzas para que en dous meses estea en "óptimo" estado para a súa utilización. De xeito paralelo, tamén comezará a obra de mellora dos vestiarios do campo de fútbol Baltasar Pujales. O importe conxunto alcanza os 122.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-10-24. O Concello renovará os vestiarios dos 17 campos de fútbol municipais
A Xunta de Goberno Local aprobará a adxudicación dunha asistencia técnica para analizar o estado dos vestiarios e remodelalos. Amais, o goberno municipal avanza na tramitación das obras da Avenida de Madrid e interpoñerá un recurso contencioso administrativo contra o Concello do Porriño pola débeda da auga. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-10-22. Caballero convida á cidade a participar na carreira pola Esclerose Múltiple o 27 de outubro
Avempo, a Asociación Viguesa pola Esclerose Múltiple organiza a décimo segunda edición da súa carreira solidaria o próximo domingo, 27 de outubro, con saída desde a Alameda de Bouzas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-10-16. O goberno local aumentou o orzamento para o deporte de base ata o 1,1 millón, un 16% máis que en 2023
Abel Caballero deu conta da adxudicación das subvencións ás entidades deportivas de base da cidade aprobadas en Xunta de Goberno. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-10-15. O Concello inviste 408.000 euros na mellora do campo de fútbol e a pista de rodadura das Travesas
O alcalde e o concelleiro de Deportes visitaron este martes o resultado das obras de mellora realizadas no céspede do campo de fútbol e de hóckey así como da remodelación da pista de rodadura, do Pavillón de As Travesas. Estas obras contaron cun investimento de 408.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100