Citizenry Services

Lista de trámites

Interpoñer Reclamación na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC)

A actuación deste servizo iníciase cunha mediación coa empresa coa que vostede mantén unha controversia, co fin de allanar posicións de forma que se logre o resultado mais satisfactorio para ambas partes.

Igualmente, por imperativo legal, os establecementos deben ter á súa disposición un modelo específico de Folla de Reclamacións. Este instrumento facilita aos consumidores e usuarios a posibilidade de formular as súas reclamacións no propio establecemento onde se producen os feitos, sen que isto sexa obstáculo para presentar a reclamación nesta oficina.

Os temas máis tratados son relativos a prestación de servizos ou fabricación (garantías), incumprimento das condicións de venda, prezos, cláusulas abusivas, publicidade, aluguer de vivenda, compra de vivenda, comunidades de propietarios, tinturarías, talleres de reparación de automóbiles, Servizos de Asistencia Ténica (SAT), rebaixas, etc.

Realizar Consulta na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC)

A través deste trámite pode recibir unha información adecuada sobre os dereitos que lle asisten e as posibilidades de exercicio destes e, en xeral, calquera información relacionada co ámbito de consumo.

Os temas máis tratados son relativos a prestación de servizos ou fabricación (garantías), incumplimiento condicións de venda, prezos, cláusulas abusivas, publicidade, compra de vivenda, tinturarías, talleres de reparación de automóbiles, Servizos de Asistencia Ténica (SAT), rebaixas, etc.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100