Vigo Information

Lista de noticias

Noticias

2024-09-23. O Vigo Vertical medra no rural: Lavadores estrea ramplas mecánicas no centro de saúde

Foto noticia
Abel Caballero asistiu este luns á posta en funcionamento das novas ramplas mecánicas que comunican Ramón Nieto co centro de saúde de Lavadores e o Ceip Fonte Escura. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-02. Comeza a instalación das ramplas mecánicas en Escultor Gregorio Fernández

Foto noticia
O alcalde achegouse á instalación da primeira das cinco ramplas que conformarán todo o elemento mecánico en Escultor Gregorio Fernández. A actuación enmárcase no corredor que o Concello está a construír entre as zonas de Areal, Rosalía de Castro e García Barbón ata o Barrio de Ribadavia. A obra está cofinanciada cos fondos europeos Next Generation EU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-02-09. Vigo terá 5 millóns de axudas á formación de expertos en microchips

Foto noticia
Abel Caballero celebra que a Universidade de Vigo sexa elixida polo Goberno de España para acoller unha das Cátedra Chip. O Goberno adxudicou case 5 millóns de euros para formación e investigación a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado cos fondos europeos Next Generation EU. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-12-22. Abel Caballero: "Todo Teis gozará das novas ramplas" que melloran o acceso ao centro de saúde

Foto noticia
Abel Caballero inaugurou este venres , cos tenentes de alcaldía Carmela Silva e Javier Pardo, as novas ramplas de acceso ao centro de saúde de Teis e a humanización da rúa Ángela Iglesias Rebollar. As obras contaron cun orzamento total de 1.308.106 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-12-11. O Concello solicita fondos europeos para dixitalizar o ciclo da auga

Foto noticia
Abel Caballero anunciou que o Concello participará na convocatoria do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado con fondos europeos Next Generation EU, co obxectivo de ter unha xestión 4.0 e seguir mellorando o ciclo integral da auga. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-08-11. Comezan as obras para a instalación de ramplas mecánicas en Lavadores

Foto noticia
O alcalde asistiu ao acto simbólico da primeira pedra para que comecen as obras da instalación das ramplas mecánicas e humanización na zona do centro de saúde de Lavadores e o CEIP Fonte Escura. Trátase dun proxecto cofinanciado co Goberno de España con fondos europeos Next Generation EU. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-06-08. O goberno municipal inviste 1,2 millóns de euros na humanización de Hispanidade, que inclúe un ascensor coa rúa Romil

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén este xoves á construción das tres rampla mecánicas que comunicarán a contorna do Colexio Losada con Ramón Nieto e á humanización de Pablo Iglesias por un importe de 1,2 millóns de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-05-26. As rúas Aragón e Romil, abertas ao tráfico tras finalizar as obras de humanización

Foto noticia
O alcalde informou esta mañá do remate dos traballos de humanización en ámbalas vías, que recuperan deste este venres a normalidade circulatoria. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-05-19. O Concello adxudica as ramplas que unirán Ramón Nieto co centro de saúde de Lavadores

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación das ramplas de Ramón Nieto ata o centro de saúde e o colexio Fonte Escura. Trátase dunha actuación cofinanciada co Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado cos fondos europeos Next Generation EU. O Concello tamén aprobou a recepción dos fondos europeos para o desenvolvemento da rehabilitación do Pazo da Raposeira. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-05-12. O Concello solicita fondos europeos para o Pazo de Castrelos

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou a participación do Concello no programa para a mellora da competitividade e de dinamización do patrimonio histórico de uso turístico enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, dotado cos fondos europeos Next Generation EU. As melloras do Pazo de Castrelos suporán un investimento de 1,5 millóns de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100