City Services
Trámite necesario para a solicitude de limpeza de acometidas, canos e desaugadoiros.
Comunicación dos desperfectos ou deterioro en viais públicos, rúas ou beirarrúas de propiedade municipal para reparación.
Estes permisos comprenden a apertura de zanxas, calicatas e calas en terreos de uso público local, inclusive estradas, camiños e demais vías públicas locais, para a instalación e reparación de cañerías, conduccións e outras instalacións, así como calquera remoción de pavimento ou beirarúa na vía pública.
Unha vez concedida a licenza e, no seu caso, a autorización para o aproveitamento do dominio público e antes da súa presentación ante a Comisión Mixta de Seguimento de Obras na Vía Pública para a súa programación, o solicitante deberá cubrir este formulario.

Terán a consideración de obras menores aquelas de conservación, mantemento e arranxo de avarías, sempre que se cumpran as seguintes condicións:
a) Xeométricas:
- No solo: Lonxitude máxima: 6 m
- No subsolo: Ademais, profundidade máxima: 4,5 m
b) Temporais:
O prazo de execución non poderá superar os 5 días hábiles.
En todo caso, a obra menor non poderá pasar dos 20 metros cuadrados.
Unha vez concedida a licenza e, no seu caso, a autorización para o aproveitamento do dominio público e antes da súa presentación ante a Comisión Mixta de Seguimento de Obras na Vía Pública para a súa programación, o solicitante deberá cubrir este formulario.
Comunicación ao Concello dos desperfectos ou deterioro de lavadoiros e/ou fontes públicas para reparación.
Considéranse obras menores en terreos de dominio público, aquélas de conservación, mantemento e arranxo de avarías, sempre que cumpran as seguintes condicións:
a) Xeométricas:
No solo: Lonxitude máxima: 6 metros.
No subsolo: Ademais, profundidade máxime: 4,5 metros.
b) Temporais: O prazo de execución non poderá superar os 5 días hábiles.
En todo caso, a obra menor, non poderá sobrepasar os 20 metros cadrados.
Terán a consideración de canalizacións todas as aperturas de solo ou pavimento que tendo carácter lineal, as súas características superen os máximos establecidos para as calas. O carácter lineal virá dado polo feito de que a lonxitude da apertura de solo ou pavimento sexa como mínimo dez veces maior que a da súa anchura.
A efectos desta Ordenanza entenderanse incluidas nas canalizacións que afecten á calzada, non só a principal, senón as secundarias que a leven ata o bordo da beirarrúa necesarias para dar servizo a todos os futuros usuarios.
En consecuencia, e a estes efectos, as licenzas para acometidas comprenderán só aquélas que se executen en beirarrúas.
Terán a consideración de grandes calas todas as aperturas de solo ou pavimento que non tendo carácter lineal as súas dimensións e características superen os máximos establecidos para as calas.
Neste caso e, ante a imposibilidade de determinar a documentación a aportar así como a correspondente autoliquidación dos tributos e/ou impostos, o técnico competente na materia estudará cada caso concreto para determinar a documentación precisa e os sucesivos trámites para a tramitación da correspondente licenza.
Terán a consideración de calas todas as aperturas de solo ou pavimento que conten coas seguintes características:
a) Xeométricas:
Anchura máxima: 1,5 m
Lonxitude máxima: 25 m
Profundidade máxima: 4,5 m
No caso de que se sobrepase a anchura máxima e sen sobrepasar os 3 metros, a superficie afectada non superará os 20 metros cadrados.
No caso de que afecte á rede viaria, a totalidade do perímetro do preceptivo balizamento non suporá o corte total do tráfico en ningún dos sentidos de circulación permitidos en dita vía.
b) Temporais: O Prazo de execución non poderá superar os 5 días hábiles.
Considérase acometida a obra realizada para levar o servizo dende o final da canalización ata os inmobles.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100