Citizenry Services

Lista de trámites

Axudas económicas municipais para mulleres vítimas de violencia de xénero

A finalidade destas axudas é a de apoiar ás mulleres en situación acreditada de violencia de xénero para afrontar necesidades derivadas principalmente da violencia de xénero no proceso de ruptura co agresor e sempre que, a xuízo dos servizos municipais de atención á muller, non poidan ser cubertas pola beneficiaria.

Todas as axudas concedidas terán o carácter de temporais, non periódicas, e poderán facer fronte aos seguintes gastos: cartos mensuais de peto, lavandería, alimentación, hixiene, farmacia, alugueiro, transporte, traslados de seguridade, actividades formativas, extraescolares, consumos, enxoval e/ou outras necesidades urxentes e inmediatas.

Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller

Servizo municipal de información e asesoramento ás mulleres adscrito á Concellería de Igualdade, no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral dende unha perspectiva de xénero, desenvolvendo ao mesmo tempo programas específicos de apoio e atención ás vítimas da violencia.

O Centro é atendido por un equipo de profesionais composto por unha psicóloga, unha avogada, unha traballadora social e unha administrativa.

É a vía de entrada ao Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia (SADI), así como ao Centro de Emerxencia para vítimas de violencia de xénero.

Centro de Emerxencia para Mulleres en situación de Violencia de xénero

Centro residencial de aloxamento inmediato e de curta estancia as mulleres e os seus fillos ou fillas ou persoas que delas dependan, que se atopen nunha situación de violencia de xénero. Garántelles un acollemento de emerxencia mentres se valora a súa situación, se inicia o tratamento ou se efectúa unha derivación a outro dispositivo máis axeitado.

O Centro de Emerxencia garante unha atención continuada ás usuarias todos os días do ano, incluídos os sábados, domingos e festivos.

A estancia máxima de permanencia do centro será de tres meses, e cumprido este prazo só se admitirá prórroga nos casos excepcionais, nos termos previstos na lexislación vixente.

Durante a súa estadía no centro as mulleres contan co apoio e asistencia psicolóxica, xurídica e social.

O Concello de Vigo cofinancia este centro que é xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e o Benestar, conta coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade, e forma parte da Rede Galega de Acollemento.

Consulta xurídica on-line para mulleres

O Concello de Vigo pon a disposición das mulleres que un correo electrónico para que poidan facer consultas xurídicas sobre dereito de familia, malos tratos, dereito penal, dereito civil, discriminación sexual, acoso laboral, etc.

As consultas serán respondidas directamente pola avogada do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, dependente da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.

Información e Asesoramento sobre Axudas Económicas para Mulleres

A traballadora social informará do procedemento e das condicións para acceder a estas axudas por parte das mulleres vítimas de violencia e as persoas que dependan dela.

Programa de asesoramento e apoio social a vítimas de violencia de xénero

Información, orientación e asesoramento acerca de recursos de aloxamento e/ou acollemento, recursos educativos, recursos e prestacións socio-económicas, información e derivación a recursos de emprego.

Ofrece información, asesoramento e xestión dos seguintes recursos:

- Xestión no acceso a recursos de acollemento de urxencia para vítimas de violencia de xénero.

- Información e tramitación de axudas económicas municipais dirixidas a vítimas de violencia de xénero.

- Información sobre axudas económicas dirixidas a vítimas de violencia de xénero.

- Valoración social para poder acreditar a situación de vítima de violencia de xénero.

- Información e derivación a recursos de inserción socio-laboral.

- Información e tramitación do Servizo de Atención Domiciliaria da Infancia

Programa de asesoramento xurídico a mulleres

Ofrece asesoramento, información e orientación xurídica a mulleres de forma gratuíta, referido a consultas penais e de dereito de familia.

Información sobre:

-Procedementos de separación e divorcio, réxime de custodia, faltas de pagamento de pensións, incumprimento de visitas, posibilidade de modificación das sentenzas de divorcio, liquidacións, etc.

- Situacións conflitivas que poden sufrir (ou realizar) as fillas e fillos.

- Información sobre o dereito a xustiza gratuíta

- Cuestións relacionadas coa violencia de calquera índole (agresións sexuais, acoso sexual, agresións…)

- Asesoramento sobre los dereitos desde antes de interpoñer unha denuncia por violencia de xénero ata a resolución xudicial; como solicitar una orden de protección.

- Outras cuestións como herdanzas, alugueiros, conflitos veciñais, conflitos con terceiras persoas, débedas, etc.

A atención pode ser presencial, telefónica e online (videochamada e correo electrónico: osnososdereitos.muller@vigo.org).

Programa de atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero

Dirixido a mulleres que estean a vivir ou que pasaran por unha situación de violencia de xénero. Ofrece asesoramento, intervención en crise, terapia individual e terapia familiar.

A atención é personalizada e levada a cabo pola psicóloga do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller (CMIDM).

A atención pode ser presencial e on-line (telefónica, videochamada...)

Servizo de Atención Domiciliaria da Infancia

Este servizo adícase, exclusivamente, ao coidado da prole das mulleres, con escasos recursos económicos e falta de apoios socio-familiares. Denomínase servizo ós desprazamentos que a coidadora realiza ao domicilio da beneficiaria ou lugar indicado para o coidado dos menores.

Subvencións a entidades deportivas de Vigo para a promoción do deporte feminino na tempada 2021/2022

Convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, cuxa finalidade é promover o deporte feminino a través do apoio económico ás entidades deportivas da cidade de Vigo que fomenten a participación e promoción das nenas e mulleres nas distintas disciplinas deportivas (equipos e/ou individuais), contribuíndo ao financiamento dos gastos ocasionados polo seu funcionamento e a súa actividade deportiva na tempada 2021/2022, ou do ano 2022 no caso das modalidades cuxa tempada sexa anual.

Subvencións para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres durante o exercicio 2022.

Convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, cuxa finalidade é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo desenvolvemento de programas e actividades encamiñados ao fomento e á consolidación do asociacionismo feminino, á promoción das mulleres en todos os ámbitos da vida pública e privada, así como na prevención e combate da violencia de xénero, que leven a cabo as entidades sen ánimo de lucro e que se realizasen desde o 30 de outubro de 2021 e o 31 de outubro de 2022 (ambos incluídos).

Cada entidade poderá presentar un único programa que cumpra algunha das seguintes finalidades:

1. - Atender as demandas e necesidades das mulleres en función das seguintes áreas de prioridade establecidas pola Concellería de Igualdade: Educación en Igualdade, Conciliación e Corresponsabilidade; Empoderamento e Liderado, Emprego e Formación, Violencia de Xénero, Atención á Diversidade e Promoción da Saúde e o Benestar.

2. - Promover o investimento de recursos sociais en accións positivas para as mulleres, que favorezan o acceso e permanencia das mulleres naqueles ámbitos onde se atopen subrepresentadas. Promovendo por exemplo: accións formativas en áreas e/ou sectores con escasa presenza feminina, acceso e permanencia de mulleres en postos de responsabilidade ou establecemento de medidas, accións e/ou dispositivos que visibilicen e faciliten a participación das mulleres pertencentes a colectivos en risco de exclusión.

3. - Organizar e promover actividades en ámbitos e/ou áreas tradicionalmente feminizadas, dirixidas á poboación masculina.

4. - Potenciar o asociacionismo feminino, a participación activa das mulleres nos órganos de toma de decisións das asociacións, así como a participación das mulleres en todos os ámbitos de actuación das organizacións.

5. - Impulsar a apertura de novas canles de intervención a favor das mulleres no eido socio-laboral, educativo e familiar, evitando perpetuar os roles tradicionalmente sexistas. Desenvolvendo tanto actividades de sensibilización, como proxectos con actuacións innovadoras que propicien a eliminación de roles e estereotipos de xénero.

6. - Favorecer actividades de investigación, educativas e/ou culturais encamiñadas a poñer en valor e visibilizar a contribución das mulleres á sociedade ao longo da historia.

7.- Promover e visibilizar as achegas e o papel que desenvolven as mulleres nos distintos sectores relacionados coa pesca (extracción, acuicultura, venda, investigación, etc) e/ou nos oficios derivados do mar, como redeiras, conserveiras, armadoras, mariscadoras, etc.

8.- Organizar actividades dirixidas a facilitar a adquisición de competencias e habilidades básicas para unha maior autonomía das mulleres: de carácter formativo, ou de carácter cultural, artístico ou de ocio.

9- Concienciar e formar a homes e mulleres a través da impartición de módulos formativos sobre xénero e Igualdade de Oportunidades (IO) impartidos por profesionais especializadas con formación acreditada neste eido.

Teléfono Municipal da Muller 24 horas

Servizo municipal de información e asesoramento telefónico para mulleres, dirixido especialmente ás vítimas da violencia.

Atendido as 24 horas do día por persoal especializado, asegura unha orientación inmediata e precisa sobre recursos e servizos existentes na comunidade, achegándolles ás mulleres vítimas da violencia información urxente sobre recursos legais e sociais ao seu alcance e apoio e atención en situacións de angustia.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100