Citizenry Services
Son espazos lúdico-educativos que empregan o xogo e o xoguete para procurar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos.
Nestes espazos ofértanse unha grande variedade de xoguetes e materiais lúdicos, axeitados ás idades e características dos e das rapaces e rapazas. Un proxecto socio-educativo que é a base do noso traballo e un equipo de profesionais do ámbito social, educativo e do lecer.
Servizos que se ofertan:
- Salas para gozar da túa música.
- Libros, cómics e contos.
- Xogos e obradoiros sobre o medio natural ou empregando material de refugallo.
- Xogos de mesa.
- Xogos simbólicos e dramáticos.
- Obradoiros.
- Cine infantil.
- Xogos de construción, quebracabezas, maquetas.
- Xogos de exterior, xogos con material alternativo, xogos cooperativos, xogos predeportivos e deportivos.
Outros servizos:
- Colaboración con diferentes entidades e asociacións.
- Asesoramento ás nais e pais.
- Préstamo de xoguetes e libros.
- Saídas e excursións.
As salas de exposicións da Casa da Xuventude e do Punto Xove son espazos ideados para que o colectivo xove desenvolva as súas inquietudes artísticas e culturais de calquera modalidade: pintura, fotografía, escultura, proxeccións audiovisuais ... dando promoción aos novos valores artísticos.
Unha sala cunha amplitude suficiente para realizar actividades con carácter multiuso. Equipada con mobiliario básico para formación e outras actividades de reunión a desenvolver por parte de grupos ou colectivos que a soliciten, preferentemente do municipio de Vigo.
A sala pódese solicitar para unha sesión ou varias, pero non de xeito permanente.
Salas acondicionadas para o ensaio de grupos ou solistas de calquera estilo musical. Estes espazos contan con equipo de son e instrumentos básicos para ensaios.
Nestes intres, o Servizo de Xuventude do Concello de Vigo conta con varios locais:
1- En Vigosónico.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100