Actualidad

Avisos

Actividades polo Samaín

Temática: Normalización Lingüística

Fecha de publicación: 24-10-2016

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza estas actividades (obradoiro e contacontos) gratuítas polo Samaín.

Prazas dispoñibles para nenos/as até completar aforamento do lugar da actividade.

Actividade (1): Obradoiro -a partir de 6 anos-: os celtas crían que no Samaín a porta entre os dous mundos abríase, os espíritos podían voltar ao mundo dos vivos e os vivos pasar ao mundo dos mortos para vivir estrañas aventuras.

No Samaín gozábase da última enchenta do inverno, xogábase e contábanse historias. E iso é o que imos facer: xogar e falar, falar moito, para recordar de onde vimos.

Actividade (2): Contacontos o Samaín e os habitantes do medo -a partir de 6 anos e público familiar-: No Samaín abrímoslles a porta aos nosos defuntos, pero tamén entran outros personaxes que nos meten moito medo.

Para espantalos podemos agocharnos debaixo da cama ou xogar e contar historias. Que preferides?. Xa me contas.

Cadro das actividades na web snl.vigo.org

Documentación

 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100