|
GA
Escudo Concello de Vigo

Voluntariado (OMV)

Noticias de Voluntariado

Lista de noticias

Noticias

31/07/2018. O goberno de Vigo pon en marcha o Voluntariado co obxectivo de acadar os 5.000 inscritos

O alcalde informou este martes da aprobación do expediente para contratar a empresa que leve adiante o Voluntariado municipal con distintos programas xa existentes e a activación do voluntariado europeo. Actualmente o Concello ten 2.500 inscritos e o obxectivo municipal nesta nova etapa é duplicalos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

07/06/2018. O goberno local abre a inscrición para participar este verán no voluntariado ambiental nas Illas Cíes

O goberno vigués promove o voluntariado ambiental no arquipélago desde xullo ata o 9 de setembro, indicou Caballero este xoves. As tarefas a acometer serán a erradicación de especies invasoras, limpeza de espazos públicos e colaboración con proxectos de conservación e investigación. As inscricións, ata o 14 de xuño. (Ver noticia en xornal.vigo.org)