Actualidad

Avisos

Curso de achegamento á lingua galega "Achégate ao galego" (aberto o prazo de inscrición)

Temática: Normalización Lingüística

Fecha de publicación: 18-09-2019

O curso Achégate ao galego! está dirixido a persoas, de dentro e fóra de Galicia, sen apenas coñecementos do idioma ou cun dominio básico, que procuran formación para se iniciar na lingua galega ou amplicar os seus coñecementos, co obxecto de acadar unha competencia no uso do galego estándar para comunicarse oralmente e por escrito.

O obxectivo primordial deste curso é familiarizarse coa lingua galega dun modo práctico e dinámico, dotando o alumnado dos recursos necesarios para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoitar, falar, ler e escribir), que lle permitan satisfacer as súas necesidades de comunicación máis primarias.

Mediante a exposición directa na aula a un uso vivo do idioma, fomentaremos a participación activa do alumnado, concentrándonos nas dificultades da aprendizaxe, para resolver as principais dúbidas coas que acotío se enfrontan as persoas usuarias do galego.

O curso é de balde e está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística.

Para unha información máis detallada, consultar a web: snl.vigo.org

Datas: 14, 16, 21, 23, 28, 30 de outubro; 4, 6, 11, 12, 18, 20, 25, 27 de novembro; 2, 4 de decembro de 2019

Horario: Os luns e os mércores, de 17:00 a 19:30

Lugar: Auditorio Mar de Vigo (aula núm. 7, 5.º andar). Entrada por Avda. Beiramar, 59

A inscrición realízase na páxina web da Concellaría de Normalización Lingüística cubrindo o formulario https://snl.vigo.org/inscricion (Deben poñer no asunto: curso lingua galega)

Documentación

 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100