Actualidad

Avisos

Curso de literatura oral "Somos herdeiras/os" (aberto o prazo de inscrición)

Temática: Normalización Lingüística

Fecha de publicación: 17-09-2019

Curso sobre a literatura de transmisión oral dirixido a maiores de 16 anos.

Esta nova proposta, "SOMOS HERDEIRAS/OS", vertébrase ao redor da oralidade, da literatura de transmisión oral: cantigas, refráns, lendas, contos...

Todas e todos sabemos cantigas, contos, lendas... que escoitamos, que nos aprenderon... que están aí. Ese conxunto de verbas herdadas han ser transmitidas para que todo ese saber e xeito de ser e manifestarnos non se perda, senón que se coñeza, valore, transmita...

"SOMOS HERDEIRAS/OS" é unha aposta polo noso patrimonio cultural inmaterial.

O curso ten unha duración de 20 horas; as aulas serán os martes e xoves do mes de outubro no auditorio Mar de Vigo (5º andar, aula 7-entrada por Avda. Beiramar, 59) de 18:00 a 20:00 horas.

A inscrición (gratuíta) realízase cubrindo o formulario https://snl.vigo.org/inscricion na páxina web do SNL. Cómpre poñer no asunto: curso de literatura oral.

Documentación

 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100