Escudo Concello de Vigo

Urbanismo

Propiedade Horizontal

A Lei da Propiedade Horizontal contén os elementos necesarios para coñecer os dereitos e as obrigas que nos asisten para solucionar os problemas que xera a convivencia cotiá nas comunidades de veciños.

A Lei atribúe ao titular da propiedade as máximas condicións de desfrute, pero ten como limite os dereitos dos demais propietarios e o interese xeral da propiedade. Regula entre outros aspectos como actuar contra o veciño moroso no caso de non pagamento de vivendas, como actuar ante as actividades molestas que realice algún veciño e as porcentaxes necesarias para adoptar determinadas decisións.