Escudo Concello de Vigo

Medio Ambiente

Formación

Cursos de hortas urbanas

Unha demanda percibida por parte da Concellería de Medio Ambiente é o fomento das hortas urbanas. Para desenvolver esta iniciativa cómpre dispór duns conceptos básicos que se subministran neste curso e, logo, por suposto polos en práctica tanto en recintos particulares como en recintos municipais que se habiliten ao efecto. Preséntanse dúas convocatorias de 1º nivel e unha de 2º nivel:

Cursos de 1º nivel

7 marzo (sábado): quenda 1

12 marzo (xoves): quenda 2

  • Horario: 10:00 -13:00 (sábados) ou 16:30 - 20:00 (xoves)
  • Lugar: Vigozoo.
  • Destinatarios: maiores de idade.
  • Grupo: ata 50 persoas
  • Inscrición:  010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00
  • Achega: 5 euros, a pagar no momento de entrada en Vigozoo.

Nota: a realización deste curso habilita para participar nas hortas-escola

Curso de 2º nivel.

17 marzo (martes)

  • Horario e Lugar: comunicaraselle ás persoas preinscritas nas hortas que cumpran cos requirimentos para participar no 2º nivel.

Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental

De cara a realización de labores de voluntariado medioambiental nos Montes de Vigo e demais actuacións é preciso contar co curso de iniciación ao voluntariado medioambiental.

Traballaranse contidos básicos sobre o voluntariado (dereitos e deberes, normativa, etc) e sobre voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño.

7 marzo (sábado): quenda 1

4 abril (sábado): quenda 2

  • Horario: 10:00 -13:00
  • Lugar: Vigozoo.
  • Destinatarios: maiores de idade.
  • Grupo: ata 50 persoas
  • Inscrición:  010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00
  • Gratuíto.