- Inicio
- Servizos cidade
- Medio Ambiente
- Situación Medioambiental
Medio Ambiente
Situación Medioambiental
Nesta páxina poderá encontrar información sobre:
- Mapa estratéxico de ruído do Concello de Vigo
- Plan de acción contra o ruído no Concello de Vigo
- Información polínica de Galicia
- Calidade do aire no Concello de Vigo
Mapa estratéxico de ruído do Concello de Vigo
A Directiva Europea 2002/49/CE e o desenvolvemento lexislativo estatal que se traduciu na Lei do ruído 37/2003 solicitan a elaboración de mapas estratéxicos de ruído das aglomeracións do estado cunha poboación superior a 250.000 habitantes, ademais da realización dos mapas de ruído das grandes infraestruturas de transporte.
Os mapas de ruído definidos pola Directiva e a Lei do ruído, co obxecto de homoxeneizar os resultados para toda Europa deben de ser realizados cuns métodos de cálculo e uns condicionantes de cálculo mínimos. O obxectivo é obter mapas denominados estratéxicos que serven para tomar decisións a nivel global e non local, as cales precisarían de estudos de detalle que permitan a adopción de solucións a nivel puntual.
A partir dos mapas de ruído, débense obter os indicadores de chan exposto e persoas expostas nas condicións reflectidas por devanditos mapas e segundo os requisitos da citada Directiva.
Mapa estratéxico de ruído do Concello de Vigo 2007: O obxectivo deste informe resumen é o de facilitar unha visión de conxunto do resultado obtido coa xeración dos Mapas de Ruído Estratéxicos do municipio de Vigo, considerando os focos de ruído de tráfico, ferrocarril e industria.
- Informe resumen do mapa estratéxico de ruído do Concello de Vigo do ano 2007 (aprobado por acordo da Xunta de Goberno Local do 10/03/2008).
Revisión do mapa estratéxico de ruído 2013: O artigo 16 da Lei 37/2003, de 17 de novembro, do ruído establece que "os mapas de ruído haberán de revisarse e, no seu caso, modificarse cada cinco anos a partir da data de súa aprobación". A Xunta de Goberno Local en sesión do 08/08/2013 aprobou definitivamente a revisión do mapa estratéxico de ruído do Concello de Vigo, tralo correspondente trámite de información pública polo prazo de un mes.
Revisión do mapa estratéxico de ruído 2017:
- Acordo da Xunta de Goberno Local de data 6 de setembro de 2018 da aprobación definitiva.
- BOPPO número 192 do 4 de outubro de 2018: Aprobación definitiva da revisión do mapa estratéxico de ruído do Concello de Vigo, ano 2017, fase 3ª. Expte. 13339/306.
- Anexo consulta pública
- Rexistros, certificados e homologacións acústicas
- Memoria
- Plano ruído ferroviario
- Plano ruído industrial
- Plano ruído viario
- Plano ruído global
- Memoria resumo
- Información pública do procedemento de revisión (BOPPO 2 de maio de 2018)
- Mapa web comparativo de ruídos de mañá, tarde e noite
Plan de acción contra o ruído no Concello de Vigo
A Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído establece a obriga de aprobar os Plans de acción contra o ruído nas aglomeracións con máis de 250.000 habitantes, como é o caso de Vigo, antes do 18/07/2008.
O Plan de acción contra o ruído no Concello de Vigo ten por obxecto reflectir as medidas a adoptar e as accións a desenvolver para mitigar os niveis de ruído ós que está exposta a poboación do Concello de Vigo de forma global, detectados no mapa estratéxico do ruído aprobado.
Plan de acción do ano 2008
En cumprimento da citada normativa, a Xunta de Goberno Local en sesión do 23/11/2009, aprobou o Plan de acción contra o Ruído.
Revisión Plan de acción contra o Ruído, ano 2013
O artigo 24 da Lei 37/2003 do 17 de novembro, do ruído obriga a revisar o plan de acción cada cinco anos.
A Xunta de Goberno Local en sesión do 14 de novembro de 2014, aprobou definitivamente a revisión do Plan de acción contra o ruído do Concello de Vigo.
Revisión Plan de acción contra o Ruído, ano 2018
O artigo 24 da Lei 37/2003 do 17 de novembro, do ruído obriga a revisar o plan de acción cada cinco anos.
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 6 de xuño de 2019, aprobou definitivamente o Documento de revisión do Plan de acción contra o ruído do Concello de Vigo.
- Aprobación definitiva do documento de revisión do Plan de acción contra o ruído no concello de Vigo, fase 3. Expte. 13971/306.
- Anuncio no BOPPO da aprobación definitiva (BOPPO 04/07/2019)
- Plan de acción contra o ruído de Vigo (Memoria descritiva)
- Plan de acción contra o ruído de Vigo (Documento resumo)
- Anexo consulta pública e aprobación Plan de Acción contra o Ruído
Información polínica de Galicia
A relación entre a concentración de pole atmosférico e a sintomatoloxía alérxica é coñecida dende antigo cando se caracterizou a enfermidade baixo o nome do "febre do feo ou polinose". A polinose é considerada na actualidade unha das enfermidades crónicas máis frecuentes, as previsións da EAACI indican que dentro de 15 anos o 50% das e dos europeos sufrirán algún tipo de alerxia.
Para establecer medidas preventivas para as persoas alérxicas é moi importante monitorizar e predicir a cantidade de pole na atmosfera.
Datos da concentración de pole na atmosfera da cidade de Vigo
Calidade do aire no Concello de Vigo
Datos obtidos da estación Vigo - Coia, estación de tráfico en área urbana situada no Barrio de Coia, na Avenida de Castelao. Está equipada con diferentes analizadores, unha estación meteorolóxica e dispón dun panel de información dos datos horarios en tempo real.
Calidade do Aire - Tempo real
Parámetros do Aire - Tempo real
Máis información na páxina de Meteogalicia da Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia.