Escudo Concello de Vigo

Medio Ambiente

Praias de Vigo

O servizo de socorrismo préstase dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro de 2020 e o servizo de asistencia sanitaria dende o 1 de xullo ao 31 de agosto de 2020. Este último precisa que se poñan en contacto coa empresa para a organización do servizo.

Vigo conta con gran variedade de praias ao longo da súa costa. A cidade dispón de 56 areais, desde os máis extensos como Samil e O Vao, até os máis recollidos en Saiáns e as praias paradisíacas das Illas Cíes.

Pode consultar a ubicación e características de cada praia nesta páxina, premendo na foto correspondente, ou a través deste mapa interactivo.