Emprego Local
Escola Obradoiro VigoZoo
A Escola Obradoiro VigoZoo comezou a súa andaina o 28 de decembro do 2008 co obxectivo de continuar os traballos de acondicionamento e adecuación do Parque Zoolóxico de Vigo dos tres anteriores Obradoiroses de Emprego realizados en VigoZoo.
Que é?
A Escola Obradoiro é un proxecto de formación e emprego promovido desde a Concellaría de Promoción Económica e Emprego do Concello de Vigo, cofinanciado polo propio Concello, a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.
A quen vai dirixido?
O proxecto diríxese á mozos de ambos os sexos, de idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos en situación de demanda de emprego, priorizándose a candidatura das persoas con niveis de formación máis baixos e situacións persoais ou familiares de maior vulnerabilidade, e xa que logo con máis dificultades para a súa inserción laboral.
Cal é o obxectivo?
O obxectivo da Escola Obradoiro VigoZoo é formar ao alumnado coa finalidade de que adquiran os coñecementos e destrezas de cada unha das especialidades, así como as actitudes e comportamentos propios do mundo laboral. Coa finalidade de aumentar o seu nivel de empregabilidade e reducir a vulnerabilidade que supón un baixo nivel de formación, falta de experiencia laboral e o descoñecemento dos recursos comunitarios dos que dispón.
O proxecto da Escola Obradoiro VigoZoo ten unha duración de ano e medio, está dividido en tres fases de seis meses, durante as cales o alumnado asiches á escola en horario de 7:30 a 15:30 horas.
Primeira Fase: fase de formación.
A primeira fase ou "fase de formación" desenvólvese do 29 de decembro de 2008 ao 28 de xuño de 2009.
Caracterízase por estar dedicada á adquisición de coñecementos e destrezas elementais en cada unha das especialidades.
Durante esta fase o alumnado percibe unha bolsa de 9,00 euros por día asistido.
Segunda e terceira fases: fases de execución do proxecto de obra.
A segunda e terceira fases desenvólvense do 29 de xuño de 2009 ao 28 de xuño de 2010.
Caracterízanse por alternar a formación coa execución do proxecto de obra, participan nelas as alumnas e alumnos que superan a primeira fase, sendo contratadas e contratados polo Concello de Vigo coa modalidade de "contrato de formación".
O persoal da escola Obradoiro está constituído por:
Impártense tres especialidades formativas:
As obras proxectadas sitúanse integramente no Parque Zoolóxico da Madroa e serán executadas ao longo do ano e medio que dura o proxecto. Todas as obras e actuacións van encamiñadas ao acondicionamento das instalacións do Parque.
Especialidade de Albanelería:
Especialidade de Xardinería:
Especialidade de Carpintería metálica:
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100