Emprego Local
O Concello de Vigo pon en marcha o servizo VIGO IMPULSA para a reactivación económica e social de Autónomos/as e Micropemes do Concello de Vigo, mediante un servizo de implantación de medidas que faciliten a súa adaptación ao novo contexto, asesorándolles a establecer medidas que faciliten o desenvolvemento de accións de rápido impacto na súa actividade nun curto período de tempo.
Este servizo ven a complementar as accións desenvolvidas polo Concello de Vigo co obxecto de atender todas as cuestións que afecten directamente á actividade empresarial da cidade de Vigo provocada pola actual crise sanitaria.
A prestación deste servizo para a reactivación económica e social incardínase dentro da Estratexia "DUSI Vigo Vertical", dentro do seu Obxectivo Temático 9, e estará coordinada polo Servizo de Participación Cidadá e Desenvolvemento Local dependente da área de goberno de Cultura, Emprego e Participación Cidadá.
Os/As interesados/as poden dirixir as súas consultas a través do formulario de contacto VigoImpulsa
Os teléfonos de contacto son os que se indican a continuación:
A) Teléfono de contacto VIGO IMPULSA:
B) Servizo de Información 010:
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100