Educación
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Etrad, unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano.
A Etrad correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Atenderá a un máximo de 400 alumnos en cursos académicos de outubro a xuño.
Para estar ao corrente das últimas novas así como acceder á consulta de materiais didácticos visite o blog da E-Trad.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100