Escudo Concello de Vigo

Cultura

Monumento ao traballo

Grupo escultórico de Ramón Conde, unha das figuras claves da arte galega do século XX. Data de 1991. Situado ao comezo da Gran Vía, está formado por sete mariñeiros tirando dunha rede que sae dun mar representado por un estanque.

Pretende ser unha homenaxe aos traballadores do mar. O monumento mide 8,50 metros de longo; 2,50 de alto e 3 de ancho.