Escudo Concello de Vigo

Cultura

Monumento a Rosalía de Castro

Obra de Armando Martínez. Está situada na confluencia das rúas de Rosalía de Castro e da República Arxentina. Inaugurouse en 1995.

A obra é un grupo plástico coa escritora galega rodeada dos seus fillos aos que le un libro. A escultura saíu dun bloque de granito do Porriño de 4,20 metros de altura, e érguese sobre un pedestal no medio dun estanque circular.