Cultura
Figura de pedra esculpida por Alfonso Vilar Lamelas, inaugurada en 1955, e que mide 12 metros de altura. É unha homenaxe aos homes do mar.
Nela, sobre un alto pedestal de dous corpos, elévase a figura dun mariñeiro vestido coa roupa de augas que sostén un remo na súa man esquerda. Na fronte, unha muller co fillo e unha patela, espera pacientemente ou amosa o froito da pesca.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100