Escudo Concello de Vigo

Cultura

Monumento a Laxeiro

Obra de Xurxo Vázquez. Situada na confluencia das rúas Policarpo Sanz e Reconquista, inaugurouse en 1997. Trátase dun busto de don José Otero Abeledo, "Laxeiro", pintor universal vigués (aínda que naceu en Lalín) que conta cun museo propio na Casa das Artes.