Escudo Concello de Vigo

Cultura

Os cabalos

Grupo escultórico en bronce de Juan José Oliveira. Preside a praza de España e representa un grupo de cinco cabalos ascendendo por unha fervenza. O conxunto pesa 40 toneladas e acada os 18 metros. A base compleméntase cun estanque de 10 metros de diámetro.

É unha homenaxe aos cabalos salvaxes que antigamente poboaban o monte do Castro e que na actualidade aínda pacen nalgúns montes de Vigo.