Escudo Concello de Vigo

Cultura

Monumento Aros Olímpicos

Obra de Xurxo Vázquez Pardo, escultor abstracto nacido en Vigo en 1948. Situada na rotonda das avenidas Fragoso e Balaídos, foi inaugurada en 1982 con motivo da disputa en Vigo dalgúns dos partidos do Campionato do Mundo de Fútbol. Mostra un xogo de liñas en movemento que representa ao atleta, ao xogador.