Escudo Concello de Vigo

Deportes

Eventos deportivos

A cidade de Vigo é históricamente unha cidade para o deporte. Proba de elo son os máis de 300 eventos deportivos de todos os niveis e modalidades que se celebran anualmente na cidade, e que a converten nun gran terreo de xogo e punto de referencia para a maioria dos calendarios deportivos de competición.

Eventos deportivos:

A cidade de Vigo é históricamente unha cidade para o deporte. Proba de elo son os máis de 300 eventos deportivos de todos os niveis e modalidades que se celebran anualmente na cidade, e que a converten nun gran terreo de xogo e punto de referencia para a maioria dos calendarios deportivos de competición.

Eventos deportivos:

Imaxe evento

Liga de Natación Escolar Concello de Vigo

  • Datas: 09/03/2014 - 08/06/2014
  • Lugar: Piscina Municipal do Carme (Complexo das Travesas) ( )
  • Organizador: Concellería de Deportes
  • Información Xeral:

    A Concellería de Deportes do Concello de Vigo está a desenvolver a Liga de Natación Escolar Concello de Vigo orientada a nenos e nenas de educación primaria da cidade de Vigo, e enfocada básicamente ó fomento e promoción da práctica da natación entre a poboación escolar.

    Na Concellería de Deportes, conscientes da importancia da práctica deportiva en idade escolar, deseñouse esta actividade co obxectivo de potenciar, e sobre todo motivar, ós e ás máis xóvenes no ámbito deportivo, e en concreto na modalidade de natación.

    Este proxecto nace a partir da convicción de que o fomento do deporte nas primeiras etapas de formación, contribúe a crear unha importantísima adherencia entre os e as escolares á práctica deportiva, algo fundamental na súa formación e no seu futuro.

    Por outra banda, esta actividade, a pesar de ter un carácter competitivo, pon o acento fundamental na participación e no propio valor formativo da competición, polo que todos e todas os nadadores recibirán unha medalla que acredite a súa participación.

    Esta Liga de Natación Escolar Concello de Vigo está orientada a todos/as aqueles/as nadadores/as de educación primaria matriculados/as nos colexios de Vigo, que ao longo da tempada 2013/14 estean matriculados no programa de natación ofertado polo Concello de Vigo, o IMD ou participen en cursos de natación a través das ANPAS.

  • Documentación:
  • Fotos:

Eventos deportivos

Últimas noticias municipais