DIFAS 26 · Vigo

Día das Forzas Armadas.

Restricións e recomendacións de mobilidade (Zona praia de Samil)

Principais restricións á mobilidade e recomendacións para os días 28, 29 e 30 de maio de 2026 no entorno de Samil, Avda. Atlántida, Avda. Europa e Carretera do Vao.

Recomendacións para a cidadanía

Consulta antes de desprazarte Revisa os cortes e as restricións previstas para a túa ruta antes de saír.
Evita o vehículo privado No entorno de Samil haberá cortes, accesos restrinxidos e zonas sen aparcadoiro.
Emprega transporte público Prioriza a lanzadeira especial, as liñas reforzadas ou o taxi para acceder a Samil.
Acode a pé ou en bicicleta O acceso peonil ou en bicicleta reduce retencións e facilita a mobilidade na zona.
Planifica con antelación Ten en conta que algunhas afeccións comezan o venres e o sábado desde primeira hora.
Respecta a sinalización Sigue as indicacións da Policía Local e do persoal de organización.

Resumo rápido por días

Xoves 28 maio

Ensaio do Batallón

Circulación prohibida 21:00–01:00 h aprox.

A Avda. Samil quedará pechada entre a rotonda do Hotel Attica e da Avda de Europa.

Venres 29 maio

Chegada do convoy militar

Acceso restrinxido Desde as 19:00 h

Restricións na Avda. Atlántida, dende o Museo do Mar, e na rotonda do Hotel Attica.

Sábado 30 maio

Restrición total de accesos

Peche total Desde as 08:00 h

A Avda. Samil permanecerá totalmente pechada. Haberá cortes e restricións nos accesos principais.

Transporte público especial a Samil

Servizo especial de lanzadeira e reforzos de liñas regulares para o venres 29 e o sábado 30 de maio.

Venres 29 de maio

ServizoLíneaHorario / observacións
Lanzadeira especialIDAActiva de 13:00 a 17:00 h.
Lanzadeira especialVOLTAActiva de 18:00 a 19:30 h.
Liñas regularesC3i / C3dAmpliada a Samil desde as 12:00 h. Reforzada segundo demanda.
Liñas regularesL10Reforzada segundo demanda.
Liñas regularesL15A / L15B / L15CReforzada segundo demanda.

Sábado 30 de maio

ServizoLíneaHorario / observacións
Lanzadeira especialIDAActiva de 07:30 a 11:30 h.
Lanzadeira especialVOLTAActiva de 13:30 a 16:30 h.
Liñas regularesC3i / C3dAmpliada a Samil desde as 08:00 h. Reforzada segundo demanda.
Liñas regularesL15A / L15B / L15CReforzada segundo demanda.
Liñas regularesC1Servizo ampliado para favorecer transbordos en Praza de América.

Lanzadeira IDA: Praza América → Samil

Percorrido: Avda. Castelao, 10 — Avda. Europa — Samil.

Non se realizará ningunha parada de baixada nin recollida durante o traxecto cara a Samil.

Lanzadeira VOLTA: Samil → Vigo

Paradas de volta: a continuación móstrase a lista de paradas previstas do servizo de regreso desde Samil cara a Vigo.

1Avda. Europa · Entorno Samil
2Castelao, 73 · Cruce Rúa Redondela
3Castelao, 41 · Rotonda Barco Alfageme
4Castelao, 21 · Entorno Praza América
5Gran Vía, 147 · Centro Comercial
6Pizarro, 10 · Entorno Praza España
7Travesía de Vigo, 8 · Remata no cruce dos Choróns / entorno Vialia

Restricións de circulación días 28 e 29

28 MAY
21:00–02:00

Medidas previas · Ensaio Batallón de Honra

Circulación prohibida en Avda. Samil, entre a rotonda do Hotel Attica e da Avda de Europa.

O peche aplicarase desde as 21:00 h ata as 01:00 h aproximadamente.

29 MAY
Desde 19:00

Medidas previas · Chegada do convoy militar

Con motivo da chegada do convoy militar que transporta os vehículos participantes no desfile do día 30, establecerase acceso restrinxido en Avda. Atlántida.

O tramo afectado comprende desde o Museo do Mar ata a rotonda do Hotel Attica.

Sábado 30 de maio · Restricións por sectores

A afectación principal terá lugar no entorno de Samil, Avda. Atlántida, Avda. Europa, VG-20, Rúa do Río, Rúa Canido e Carretera do Vao.

Sector Avda. Atlántida / Europa / Samil / VG-20

07:00–15:00 h aprox.
  • Afección xeral desde as 07:00 h ata as 15:00 h aproximadamente.
  • Corte principal en Avda. Atlántida.
  • Corte principal na rotonda Avda. Europa / Castelao / Pardaíña.

Sector Avda. Europa / VG-20 / Samil / Rúa do Río

Desde 08:00 h
  • Cortes a partir das 08:00 h ata as 15:00 h aproximadamente.
  • Avda. Samil totalmente pechada desde as 08:00 h.
  • Acceso prohibido cara Avda. Samil desde a rotonda de Avda. Europa.

Sector Rúa Canido / Carretera do Vao

08:00–17:00 h aprox.
  • Restricións en Rúa Canido, desde Rúa do Río ata Carretera do Vao.
  • Circulación prohibida por Rúa de Canido en sentido Avda. Samil.
  • Parquizado prohibido en toda a Rúa Canido.

Accesos prohibidos ou restrinxidos

  • Avda. Samil: peche total desde as 08:00 h do sábado 30.
  • Rotonda Avda. Europa: acceso prohibido cara Avda. Samil.
  • Rúa Muíños – Ricardo Mella: acceso prohibido cara Rúa do Río a partir das 10:00 h.
  • Rúa Canido: restricións entre Rúa do Río e Carretera do Vao, de 08:00 h a 17:00 h aproximadamente.
  • Rúa de Canido: circulación prohibida en sentido Avda. Samil.

Estacionamento prohibido

Recoméndase non acudir en vehículo privado ao entorno de Samil durante as horas de afección.

  • En toda a Rúa Canido.
  • No Parking Praia do Vao.
  • No entorno da Ermida do Carmen.

Viales afectados

Principais rúas e accesos nos que se prevén restricións, cortes ou afeccións á circulación.

Zona Samil

  • Avda. Samil
  • Pistas deportivas de Samil
  • Rotonda do Hotel Attica
  • Accesos desde Avda. Europa

Zona Atlántida / Europa

  • Avda. Atlántida
  • Museo do Mar
  • Avda. Europa
  • Rotonda Avda. Europa / Castelao / Pardaíña
  • VG-20

Zona Vao / Canido

  • Rúa do Río
  • Rúa Muíños – Ricardo Mella
  • Rúa Canido
  • Carretera do Vao
  • Parking Praia do Vao e Ermida do Carmen

Esquemas explicativos de zona Atlántida e Canido

Esquemas explicativos de zona Atlántida e Canido.

Zona Samil / Canido

Esquema de restricións en zona Samil

Zona Avda. Atlántida / Museo do Mar

Esquema de restricións en zona Atlántida e Europa