Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Unha maneira de facer Europa

Valores e retos

Os obxectivos estratéxicos axúdannos a definir a cidade que quere ser Vigo no futuro, apoiándonos nos nosos activos e na importante base de traballo que viñemos realizando nos últimos anos. En base a esta análise e ao noso Programa de Goberno, presentamos a continuación os principais valores que buscamos para a nosa cidade.

Para poder perseguir e dirixir o futuro da nosa cidade cara a estes valores agrupamos unha serie de retos dentro das tres prioridades clave sobre as que sempre se asentou o noso crecemento: unha cidade intelixente, que poña en valor o concepto de Smart City que Vigo leva desenvolvendo moito tempo, enfocándoo cara ás necesidades dos seus cidadáns e apoiándose nas TICs para impulsar o noso tecido socioeconómico; unha cidade integradora, que siga transformando a Vigo nunha cidade cada día máis fácil e accesible para todos os vigueses e viguesas e unha cidade sostible, que teña moi presente o futuro medioambiental da nosa cidade, que fomente e facilite unha movilidade multimodal e que busque conciliar desenvolvemento e sostibilidade para asegurar que Vigo consolídese como unha cidade referente a nivel nacional.

Os principais valores de Vigo:

  1. Cidade accesible para todos: buscar a continuidade das estratexias e proxectos enfocados a converter Vigo nunha cidade fácil e accesible para todos os cidadáns.
  2. Vigo compite na globalización: a mellor industria do sector do automóbil, a mellor industria do naval, a mellor industria pesqueira. Esta relación da cidade coa economía globalizada xera unha gran fortaleza.
  3. Unha cidade para os seus cidadáns: seguir traballando nos esforzos realizados para a transformación urbana dunha cidade para os seus cidadáns.
  4. Unha cidade forte económicamente: poñer en valor e apoiarse na boa xestión realizada sitúa ao concello de Vigo nun dos máis solventes a nivel nacional.
  5. Cidade emprendedora e innovadora: potenciar a tradición emprendedora da poboación viguesa impulsando a integración e consolidación das novas tecnoloxías.
  6. Cidade referente: conformar un marco estratéxico de referencia que consolide á cidade de Vigo como a gran metrópoli da fachada atlántica europea.
Os principales valores de Vigo
Logos
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100