Escudo Concello de Vigo

Vigo

Sons de mulleres

Rutas interactivas: app "Vigo"

Para poder ver correctamente as rutas e poder seguilas de forma interactiva co GPS ou beacons debes ter instalada a aplicación móbil "Vigo" e seguir a ruta desde o apartado "Rutas interactivas".

Instalar en Android Instalar en iOS Máis información

Distancia: 3.696km

Tempo recorrido: 00h 49min

O Roteiro en feminino Sons de Mulleres é un itinerario proxectado por Mulheres Nacionalistas Galegas que sinalizou a Concellería de igualdade do Concello de Vigo, e que ten como obxectivo visibilizar as mulleres que, individual ou colectivamente, teceron a historia da cidade de Vigo.

Realiza un percorrido por quince puntos situados fundamentalmente no casco histórico da cidade, nos que, dun ou doutro xeito, as mulleres deixaron a súa pegada e a súa contribución á identidade de Vigo, aínda que a propia historia da cidade as teña silenciadas.

Nestes 15 puntos do roteiro hai espacios que son froito das reivindicacións e do traballo máis recente do Movemento Feminista: a Praza 8 de Marzo, a Biblioteca Feminista ou a Casa das Mulleres; lugares que recuperan a memória de mulleres vítimas da represión franquista: Urania Mella, Olimpia Valencia ou Rosario Hernández -A Calesa-, que loitaron pola liberdade nas rúas da cidade, nos sindicatos e na vangarda cultural; Pedagógas que defenderon os dereitos das mulleres, loitando por unha educación que aínda hoxe é soño de futuro: Concepción Arenal, Ernestina Otero ou Antia Cal; lugares de creación artística e literaria, como foi a imprenta de Juan Compañel onde Rosalía de Castro sacou do prelo en 1863 "Cantares gallegos"; lugares que recoñecen o compromiso político; e lugares que recoñecen o traballo nas conserveiras, na ribeira do Berbés ou as ostreiras, nos lavadoiros comunais ou nos mercados, ou ás mulleres que tiveron que emigrar.

A realidade de Vigo (como a de case que todas as cidades) vive de costas á visibilización das achegas das mulleres. De ahí a importancia deste roteiro recuperando a historia desde unha perspectiva de xénero, visibilizando e empoderando a inmensa labor que temos realizado as mulleres.

Con este Roteiro, queremos acadar que Vigo poña en valor a Igualdade tan necesaria para construir unha sociedade democrática. Unha sociedade onde as mulleres e os homes teñamos os mesmos direitos, onde a desigualdade sexa erradicada das nosas vidas asi como as súas consecuencias.

Puntos de interese da ruta

Mapa de ruta

Galería de fotos

Sistema de rutas cofinanciado por:

logo

Fondo europeo de desarrollo regional (FEDER)

Una manera de hacer Europa

logo