Praias

Cala do Faro

No máis fondo dos cantís do monte da Guía, visualizamos esta romántica, belísima e tranquila cala. Fronte a cala, o Illote Cabrón, chámate para que te achegues ata él nadando, ou incluso camiñando polo mar nas grandes baixamares.

  • Localización: Parroquia de Teis.
  • Tamaño areal: 24 metros de longo por 6 metros de ancho.
  • Como chegar:  Tomando coma referencia o Faro da Guía, para chegar ata esta xoia da natureza, hai que animarse a explorar os sendeiros que bordean a costa polo monte, facendo unha paradiña no miradoiro“Cala do Faro”, dende donde podes marabillarte contemplandoesta paisaxe, nunha perfecta combinación de monte, mar e praia.
  • Accesos: Mediante escaleiras dende o paseo martítimo.
  • Dotacións:
  • Posto da Cruz Vermella: Non ten
  • Liñas de autobuses urbanos: A liña máis próxima é a 17 con parada na rúa Doutor Corbal.
  • Outras denominacións: Praia do Cabrón
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100