Cultura e arte

Centro de documentación e recursos feministas de Vigo

  • Enderezo: Biblioteca Pública Central. Rúa Joaquín Yáñez, 6 - 2º andar (Casco Vello), 36202 Vigo.
  • Teléfono: 986 229 074
  • Correo electrónico: centro.documentacion.feminista@vigo.org
  • Horario:
    • Luns e venres: de 10:30 a 13:30 horas.
    • Martes, mércores e xoves: de 16:30 a 20:30 horas.
    • Xullo: de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas.
    • Agosto: pechado

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, dependente da Concellería de Igualdade, é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas.

Este centro recolle a documentación recompilada pola extinta asociación "GECM-Alecrín" dende os anos 80 e o fondo documental xerado pola Concellería de Igualdade de Vigo.

Servizos

  • Atención directa ou por medios telemáticos.
  • Consulta de documentación en sala de lectura.
  • Préstamo a domicilio.
  • Préstamo interbibliotecario.
  • Asesoramento documental.
  • Busca en base de datos.
  • Actividades de extensión cultural: exposicións bibliográficas, animación á lectura, charlas, debates, etc.

Áreas temáticas

  • Administración do Estado.
  • Ambiente sociodemográfico.
  • Benestar social.
  • Centros.
  • Ciencias naturais e sociais.
  • Cultura.
  • Dereito e normativa.
  • Documentación e medios de comunicación.
  • Economía.
  • Educación.
  • Familia.
  • Marxinación e violencia.
  • Política.
  • Promoción da muller.
  • Saúde.
  • Sexualidade.
  • Traballo.

Fondo documental

  • Material bibliográfico (máis de 10.400 referencias).
  • Publicacións periódicas (máis de 150 títulos).
  • Material audiovisual: vídeos, CD, DVD, diapositivas, casetes.
  • Folletos e carteis.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100